28 jun 2010

Fin de curso en Chaián

E así rematamos o curso, no río. Pero a nosa participación no proxecto non remata aquí. Continuaremos o ano que ven , pois seguimos sendo voluntari@s do proxecto de Adega.

Chaián 21/6/2010 on PhotoPeach

11 jun 2010

CAUDAL POÉTICO

Actividad de lengua castellana.

Durante el 2º trimestre dedicamos parte de la hora de lectura de Lengua Castellana al proyecto Ríos.
Primero recopilamos poemas relacionados con el tema.
Algunos se leyeron en voz alta y se comentaron.
Se decidió dividirlos en tres apartados:

  1. El río es como la vida. La vida es como un río.
  2. El río como lugar de encuentro para enamorados.
  3. La descripción poética de los ríos.

Estamos trabajando en cada una de las estrofas: buscamos palabras en el diccionario, medimos los versos, comentamos y estamos aprendiendo a reconocer los recursos utilizados por los poetas.

En este enlace a la página que dedicamos a la actividad en nuestro blog podéis leer algunos de los poemas y sus comentarios.


9 jun 2010

TESOUROS DOS RIOS


En Sociais coñecemos algunhas aportacións dos ríos que tiveron moita importancia na prehistoria e na historia, como puntas de lanza, de muesca, cantos rodados. Aquí vemos o resultado.


7 jun 2010

Ruta inspección río Chonia

O xoves 10 de Xuño pasaremos o día a beira do Chonia colaborando con Proxecto ríos na inspección correspondente á primavera para obter os valores que determinan o estado de saúde do noso río.

Aquí podedes ver o camiño que imos percorrer, dende a aldea de Oa ate o treito do río que analizaremos.


3 jun 2010

Pintores Galegos: María Carmen Calviño

MARIA CARMEN CALVIÑO

María del Carmen Iglesias Calvino, pintora que naceu en Xesta (Lalín, Pontevedra), en 1938. Pintora de familia de profesores, en tenra idade, mudouse para a cidade da Coruña, onde fixo a súa carreira artística, creando o seu propio estudio en 1984, onde ensinou a moitos alumnos daquel ano, organizando exposicións bianuais dos alumnas nas mesmas sas como a Delegación de Cultura e da Estación Marítima da cidade. Das moitas colaboracións da artista destaca a que fixo no suplemento semanal Catavento (incluído na revista do xornal El Ideal Gallego) e revista cultural Montealto Faro. Pertence a asociacións culturais e artísticas, tales como a Asociación de Artistas de La Coruña, con sede en auga de Selección xenética; Galegos Artist Association (Arga), Asociación de Pintores e escultores, situada en Madrid e da Sociedade Española de Cultura Popular Estudos Literarios ( SELICUP). Foi nomeada pola Academia académico Il Marzocco (Florencia, Italia) e Greccio Marino (Vinzaglio, Italia). Ela gañou a Medalla de Ouro e Diploma da Federación de Arte en Ferrara (Italia). Cosme Tura Premio de mérito artístico, eo premio no II International d'Arts Plastiques Salo, de St Jaume de Llierca (Gerona).

RÍO DE MONTAÑA, POR MARIA DEL CARMEN CALVIÑO IGLESIAS:


O cuadro esta pintado a oleo e en lienzo con medidas de 100 por 85 cm.

A min este cuadro chamoume a atención a hora de escollelo, enconcreto gustame a paisaxe e tamen a forma en que acaba o río.

Por si alguen lle interesaba compralo, non bai poder ser , por qu xa esta vendido.

Se queres saber mais cousas sobre esta pintora preme aquí.


( Martin Calviño Vicente )






24 may 2010

Sentimos o río?

En galego o verbo "sentir" ten diversas acepcións:
  • Percibir a través dos sentidos, en particular do oído.

  • Percibir ou experimentar certas sensacións.

  • Experimentar un sentimento.

A todas elas faremos referencia nesta ocasión.

A experiencia consistiu en propoñerlles aos alumnos que escribisen o que percibían e o que sentían ao escoitar un son. Os sons que reproducimos pertencían ao cd Sons da terra, do Arquivo Sonoro de Galicia, editado polo Consello da Cultura Galega. Eliximos os cortes 5 e 6 que se corresponden cun regato pequeno en San Simón (O Corgo, Lugo) e un río en tramo medio en Samarugo (Vilalba, Lugo).

Partindo desas audicións obtivemos a seguinte información:
1. Que pensaban que estaban escoitando?
A opción máis votada foi a chuvia (13 votos). A seguir figuran a fervenza (10), unha televisión mal sintonizada (8), un río (só 7 de 22 alumnos recoñeceron o son), unha billa aberta (6), a radio con interferencias (4), unha treboada (3) e as ondas na praia (3). Outras alternativas máis orixinais e con menor votación (só 1 voto): unha persoa lavando, as obras na rúa, navegar nun barco, un tren, unha dor de oídos, o corazón partido e un home mexando.






2. Que sensacións lles producían?
As respostas obtidas foron moito máis diversas nesta ocasión pois recollemos vinte e dúas sensacións e unicamente tres coinciden en varios alumnos:
  • Que sentes? tristeza (2), soidade, tranquilidade (3), cariño, alegría, preguiza, frío, sono, aburrimento, fastío, felicidade, desilusión, liberdade, harmonía, sede, balbordo, relax (4), desesperación.
  • Como te sentes? forte, sentimental, mal, prodúceme dor de cabeza...

Con esta experiencia constatamos que cada un de nós é único e orixinal (como a auga do río que nunca é a mesma malia parecer igual) e que os sentimentos, aínda partindo da mesma realidade, son totalmente subxectivos.

FERMOSO FENÓMENO DE AUGA

Perseguindo ríos, un día atopei isto, unha pendente que o meu río asolaga, batendo forte no chan, liberando así cada parte que lle pertence a ela.Tan bela é ela que ata os paxariños acompañan ó ritmo do seu son, que endoza todo o seu redor, que percorre o camiño sen descanso dende o amencer ata o solpor.
Fermosa pero forte, bate contra as rochas; mais aínda así, non lle doe.
Tal fermosura nunca vin. É tal, que alimenta o meu corpo, estimula a miña alma e faime escribir fermosas poesías. Pero sempre calada, querendo sentir os rumores da auga.

Fráxil,delicada e de prata,
Encóntrase nela a vista mais fermosa,
Rumores emiten a súa auga clara,
Vales, montañas que recorre fachendosa
Elévana facendo un gran salto,
Neste espérano os verdes prados.
Zoa,zoa que te escoito ao teu lado.
Armonioso son que fai que a contemplemos,calados.

20 may 2010

My message to save the earth

Este voki é para informasvos,para que saibades que facendo pequenos xestos podemos salvar a terra!!
Se queredes ver algún consello mais pinchade aquí



Get a Voki now!

19 may 2010

LAVANDEIRAS DE MASIDE



Na arte galega contemporánea tamén atopamos referencias aos ríos na obra de pintores de vangarda tan coñecidos como Maside.

Este cadro, titulado “Lavandeiras” foi pintado por Maside en 1953. É de estilo cubista e atópase no Museo Quiñones de León en Vigo.
Maside foi un pintor vangardista e un intelectual; formou parte da renovación cultural que tivo lugar en Galicia durante os anos da República.
O voso traballo consiste en publicar no blogue unha pequena reseña sobre un cadro dun pintor ou pintora galeg@ que estea relacionado co noso proxecto interdisciplinar. Debedes dicir o estilo ao que pertence, incluír algunha información sobre @ pintor@ e a época, incluír a foto do cadro e facer un enlace a unha páxina web interesante sobre el.

http://www.pintoresgallegos.com/

Na páxina Pinceladas podedes ver os vosos traballos sobre @s artistas actuais.

12 may 2010

A CARTOON

Create a comic with suggestions to help the environment.
Go to www.toondoo.com and follow the instructions. It´s very easy.

school project

BE NICE WITH OUR PLANET


Get a Voki now!


Natalia

25 abr 2010

SAVE OUR PLANET



Create an avatar and leave a message to help the environment.

Avatarize yourself.com










Hi there,
Upload your photo if you want to become an Avatar and immerse yourself in the fantastic world of the Na'vi, the blue natives of the planet Pandora.
Follow the instructions:

1.- Start on "create my avatar" and click on "Upload a photo".

2.- Select "I agree the terms of use".

3.- Browse for a photo. (Wait while uploading)

4.- Select gender. (Male or female)

5.- Adjust your photo.

6.- Submit (Wait while processing)

7.- Adjust position points if you think it's necessary. (Wait while processing)

8.- Choose an emotion and a background.

9.- Add a message to save the earth.

10.- Click on share and wait for a second.

11.-Get the html code for the blog.

POEMAS ACRÓSTICOS

Na clase de L. Galega aprendimos o que son os poemas acrósticos e puxémolo en práctica escribindo algúns sobre o tema “A auga e os Ríos”. Velai algún deles con música de Mahler interpretada pol@s nos@s compañeiros de 2º, que ao longo do curso pasado, en Pri iniciaron este traballo sobre os ríos do concello de Trazo. Grazas por poñerlle són ao noso traballo. Interpretaban neste caso o terceiro movemento da primeira sinfonía de Gustav Mahler, Titán.

22 abr 2010

O DÍA DA TERRA



Hoxe, 22 de abril, celebrouse o día "da Terra". En naturais a mestra falounos da biodiversidade, (todos os seres vivos que habitan a terra), e díxonos o seguinte:

"Imaxínadevos unha casa co seu tellado, se quitamos unha ou dúas tellas pode ser que non pase nada, ou poida que xa entre unha goteira, pero si se seguen quitando tellas esa casa destrúese e non vale para nada" .

Quixo dicir que todos os seres vivos son necesarios para a vida no noso planeta, e que non debemos destruír ningunha especie así porque si, todas son importantes para o mantemento do equilibrio na terra, e que nós debíamos empezar a respectar o que está máis cerca de nós: o paxariño que canta pola mañá cando nos levantamos, os animais e plantas que nos rodean, as persoas coas que vivimos etc, e que se todas as persoas fixeramos así á terra iríalle moito mellor.

Logo tamén fixemos un esquema da clasificación dos seres vivos. Aproveitamos o que fixeran os nosos compañeiros/as na materia do "Pri" do curso pasado, que por certo está moi ben, debeulle dar moito traballo.

Así que xa sabedes, non é cousa de un, nin de dous, nin soamente dos gobernos é cousa de todos e todas, a terra é a casa onde vivimos e nós coma habitantes dela, debemos coidala.

Diego González Viqueira.
Alba Docampo
Verónica Barreiro

20 abr 2010

PROTECT THE ENVIRONMENT

19 abr 2010

THE EARTH DAY

The Earth day is on April the 22nd.


Listen to the Earth message and make a commitment to our planet.


You can create an avatar with your commitment here:

http://www.voki.com/







18 abr 2010

O CICLO DA AUGA


O noso equipo formámolo:

Ángel manuel Mesías.
Leandro Fernández.
Diego González.

Imos a explicar "O CICLO DA AUGA" a partir da montaxe de destilación. Se vedes o vídeo, parécenos que o ides a entender ben. Esperamos as vosas opinións. Grazas

16 abr 2010

A PRESIÓN DA AUGA



O noso equipo está composto por Verónica, Bertín e Ismael.
Escollemos unha práctica que se chama “A presión da auga”.

MATERIAL:

- Bandexa de aluminio de "todo a cen"
- Botella de auga cortada como se ve na que se fixemos a distintas alturas uns buracos.
- Auga

PROCEDEMENTO:

Verónica, era a encargada de botar a auga na botella, e Ismael e Bertín eramos os encargados de tapar os orificios; foi bastante difícil tapalos todos a vez e dábanos a risa, por iso tivemos que repetir máis dunha vez a operación de encher a botella.
Tamara, con moita pacencia, esperaba coa cámara preparada para sacar a foto.
Por fin conseguímolo!, e á conta de tres destapamos todos á vez os buracos.

OBSERVACIÓN:

Observamos que polo buraco que está na parte de abaixo da botella, o chorro de auga saía lanzado máis lonxe, e polo que esta na parde de enriba, o chorro de auga saía lanzado máis cerca. Aínda que a foto saíu un pouco clara, se vos fixades ben, vense os chorros saíndo coma unha fonte a diferentes distancias. Esta forza que exerce a auga en repouso sobre si mesma e sobre as paredes do recipiente (a botella) chámase presión hidrostática, ben sendo o peso do fluído en repouso. Polo buraco inferior a auga sae lanzada máis lonxe porque soporta maior presión.



Díxonos a mestra que en física íamos estudar O principio de Pascal ou lei de Pascal,
enunciada polo físico e matemático francés Blaise Pascal (1623-1662) que se resume na frase: «O incremento de presión aplicado a unha superficie dun fluido líquido, *incompresible, contido nun recipiente indeformable, tránsmitese por igual a cada unha das partes do mesmo».

* Recordades que a auga era incompresible?. Fixemos a práctica no laboratorio de coller auga nunha xiringa e por moito que premíamos non se movía, ocupaba sempre o mesmo volume, pola contra o aire si que se comprimía ocupando menos volume.

-


15 abr 2010

DIA MUNDIAL DA AUGA




O pasado luns 22 de marzo celebrouse o Día Mundial da Auga . Este ano o lema é "AUGA LIMPA PARA UN MUNDO SAUDÁBEL", en referencia á calidade dos recursos hídricos e á súa relación co benestar da poboación e os ecosistemas. Neste senso, en Galiza temos un grave déficit en canto ás medidas de prevención e tratamento da contaminación das augas. Moitas cidades, vilas e industrias verten aos ríos augas con escasa ou nula depuración, e o número de cursos fluviais contaminados aumenta cada ano.

Alba Docampo Noya

14 abr 2010

LÍMITE DE FLOTACIÓN

MATERIAL:

1-Plastilina
2-palangana
3-Auga

PROCEDEMENTO

Collemos dúas cantidades iguais de plastilina.Con unha construimos un barco e con outra unha bóla e metémos ámbalas dúas cousas na palangana que contén auga.

OBSERVACIÓN:

Vemos que o barquiño flota e a bóla non.
A que queredes saber por que?

Pois porque o barco ten maior superficie que a bóla en contacto coa auga. E ao meter o barco na auga, na inmersión, desaloxa unha superficie de auga maior que a bóla, e canta máis auga desaloxe maior é o empurre que experimenta cara a arriba o barco.

A bóla ocupa pouca superficie, entón desaloxa pouca cantidade de auga, e o empurre que experimenta non e suficiente para facela flotar por isto afunde.

LÍMITE DE FLOTACIÓN

Pero a flotación non só depende da forma, senón tamén da densidade.
(Adensidade é a relación entre a masa e o volume.)

Materiales:

1-Plastilina.
2-Pequenos obxetos.
3-Un recipiente.
4-Auga

Explicación:

Cando se vai enchendo o barco con pequenos obxetos, este vai aumentando de densidade
Mentres que a auga que desaloxa o barco teña máis densidade que o barco, este non se afundirá porque o empurre hidrostático logra sostelo. Pero cando a densidade do barco supere á da auga non logrará sostelo, dise que chegou ao límite de flotación, entón pode afundir.

Barcos:
Os barcos, aunque estén construídos con materiais moi densos, como ferro, non se afunde polo que acabamos de explicar.