Mostrando entradas con la etiqueta Videos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Videos. Mostrar todas las entradas

25 abr 2010

POEMAS ACRÓSTICOS

Na clase de L. Galega aprendimos o que son os poemas acrósticos e puxémolo en práctica escribindo algúns sobre o tema “A auga e os Ríos”. Velai algún deles con música de Mahler interpretada pol@s nos@s compañeiros de 2º, que ao longo do curso pasado, en Pri iniciaron este traballo sobre os ríos do concello de Trazo. Grazas por poñerlle són ao noso traballo. Interpretaban neste caso o terceiro movemento da primeira sinfonía de Gustav Mahler, Titán.

19 abr 2010

THE EARTH DAY

The Earth day is on April the 22nd.


Listen to the Earth message and make a commitment to our planet.


You can create an avatar with your commitment here:

http://www.voki.com/







18 abr 2010

O CICLO DA AUGA


O noso equipo formámolo:

Ángel manuel Mesías.
Leandro Fernández.
Diego González.

Imos a explicar "O CICLO DA AUGA" a partir da montaxe de destilación. Se vedes o vídeo, parécenos que o ides a entender ben. Esperamos as vosas opinións. Grazas

16 abr 2010

A PRESIÓN DA AUGA



O noso equipo está composto por Verónica, Bertín e Ismael.
Escollemos unha práctica que se chama “A presión da auga”.

MATERIAL:

- Bandexa de aluminio de "todo a cen"
- Botella de auga cortada como se ve na que se fixemos a distintas alturas uns buracos.
- Auga

PROCEDEMENTO:

Verónica, era a encargada de botar a auga na botella, e Ismael e Bertín eramos os encargados de tapar os orificios; foi bastante difícil tapalos todos a vez e dábanos a risa, por iso tivemos que repetir máis dunha vez a operación de encher a botella.
Tamara, con moita pacencia, esperaba coa cámara preparada para sacar a foto.
Por fin conseguímolo!, e á conta de tres destapamos todos á vez os buracos.

OBSERVACIÓN:

Observamos que polo buraco que está na parte de abaixo da botella, o chorro de auga saía lanzado máis lonxe, e polo que esta na parde de enriba, o chorro de auga saía lanzado máis cerca. Aínda que a foto saíu un pouco clara, se vos fixades ben, vense os chorros saíndo coma unha fonte a diferentes distancias. Esta forza que exerce a auga en repouso sobre si mesma e sobre as paredes do recipiente (a botella) chámase presión hidrostática, ben sendo o peso do fluído en repouso. Polo buraco inferior a auga sae lanzada máis lonxe porque soporta maior presión.



Díxonos a mestra que en física íamos estudar O principio de Pascal ou lei de Pascal,
enunciada polo físico e matemático francés Blaise Pascal (1623-1662) que se resume na frase: «O incremento de presión aplicado a unha superficie dun fluido líquido, *incompresible, contido nun recipiente indeformable, tránsmitese por igual a cada unha das partes do mesmo».

* Recordades que a auga era incompresible?. Fixemos a práctica no laboratorio de coller auga nunha xiringa e por moito que premíamos non se movía, ocupaba sempre o mesmo volume, pola contra o aire si que se comprimía ocupando menos volume.

-


14 abr 2010

LÍMITE DE FLOTACIÓN

MATERIAL:

1-Plastilina
2-palangana
3-Auga

PROCEDEMENTO

Collemos dúas cantidades iguais de plastilina.Con unha construimos un barco e con outra unha bóla e metémos ámbalas dúas cousas na palangana que contén auga.

OBSERVACIÓN:

Vemos que o barquiño flota e a bóla non.
A que queredes saber por que?

Pois porque o barco ten maior superficie que a bóla en contacto coa auga. E ao meter o barco na auga, na inmersión, desaloxa unha superficie de auga maior que a bóla, e canta máis auga desaloxe maior é o empurre que experimenta cara a arriba o barco.

A bóla ocupa pouca superficie, entón desaloxa pouca cantidade de auga, e o empurre que experimenta non e suficiente para facela flotar por isto afunde.

LÍMITE DE FLOTACIÓN

Pero a flotación non só depende da forma, senón tamén da densidade.
(Adensidade é a relación entre a masa e o volume.)

Materiales:

1-Plastilina.
2-Pequenos obxetos.
3-Un recipiente.
4-Auga

Explicación:

Cando se vai enchendo o barco con pequenos obxetos, este vai aumentando de densidade
Mentres que a auga que desaloxa o barco teña máis densidade que o barco, este non se afundirá porque o empurre hidrostático logra sostelo. Pero cando a densidade do barco supere á da auga non logrará sostelo, dise que chegou ao límite de flotación, entón pode afundir.

Barcos:
Os barcos, aunque estén construídos con materiais moi densos, como ferro, non se afunde polo que acabamos de explicar.

POR QUE SE DISOLVEN CERTAS SUBSTANCIAS NA AUGA E OUTRAS NON?



O noso equipo está formado por: Alicia, Margarita e Natalia. Escollimos o seguinte experimento:

Por que se disolven certas substancias na auga e outras non?

MATERIAL:

Repartimos o material que tiñamos que traer e fixemos unha ficha explicativa que aparece co experimento.
* Natalia trouxo: café moído e mel.
* Alicia trouxo: café en sobre soluble e arroz.
* Margarita trouxo: unha culleriña e azucre.
* 6 tubos de ensaio.
* auga.
Ímola facer entre as tres porque a mestra de naturais vainos gravar para subir o bloggue do Proxecto Interdiciplinar.

PROCEDEMENTO:

Collemos aproximadamente a mesma cantidade de auga en cada un dos tubos de ensaio, e logo engadímoslle a cada un deles as substancias que trouxemos, axítamolos e:

OBSERVAMOS:

Que unhas substancias disolvíanse na auga e outras non. Disolvéronse o azucre, o café en sobre e o mel, formando mesturas homoxéneas (non se distinguen os seus compoñentes a simple vista). Pola contra o arroz, e o café moído depositáronse no fondo do tubo de ensaio, formando unha mestura heteroxénea (distínguense a simple vista os compoñentes da mestura).
Por que ocorre isto?
A explicación ben sendo que no caso do azucre e o café soluble e o mel, as moléculas da auga métense no medio das moléculas desas substancias porque esas moléculas están unidas con forzas moi débiles e sepáranse con facilidade, pero no caso do arroz e o café moído as moléculas están unidas máis fortemente e non se separan con facilidade, polo tanto non deixan meter no medio ás moléculas da auga.
Tamén temos que dicirvos que botamos demasiado café soluble no tubo de ensaio e fixemos sen querer unha DISOLUCIÓN SATURADA .


EXPLICAMOS A: CRISTALIZACIÓN E A CAPILARIDADE.


MATERIAL:
-Sal fino.
-Dous vasos.
-Un fío de algodón.
-Un pratiño.
-Culleriña.
-Auga.


PROCEDEMENTO:
Facemos a montaxe tal como se ve na foto
EXPLICACIÓN:
1. A solución da auga salgada sobe ao longo do fío por capilaridade (absorción);
2. A auga do fío vai evaporándose, e nel van quedando pendurados os cristais de sal. Algúns cristais co peso caen no cristalizador.
3. Vemos que as moléculas dos cristais estrutúranse nunha organización xeométrica particular, formando cubos (Vense moi ben coa lupa)
4.Aprendemos entón que da mestura homoxénea da auga salgada, o sal recupérase por evaporación da auga.Este método chámase CRISTALIZACIÓN

É interesante, verdade?
APLICACIÓN:
As salinas:
O sal que usamos na cociña é en gran parte extraída do mar.
Nuns grandes depósitos pouco profundos chamados salinas, recóllese a auga do mar, e logo a calor do sol, vai evaporarando a auga, e o sal vai quedando cristalizada no fondo dos depósitos.
CAPILARIDADE:
Material:
-Un talo de apio coas suas follas de uns 20 cm de lonxitude ou un ca
ravel branco.
-Un vaso de precipitados
-Auga.
-Colorante alimentario
Explicación:
Ao cortar o talo de apio podemos observar que os nervios son pequenos tubos a través dos cales sobe ata as follas a auga tinguida.
A auga sobe polos tubos do vexetal como se fora absorbida cara a arriba: é o fenómeno da capilaridade, que permite entre outras cousas, que as plantas absorban polas raíces a auga e os sales minerais da terra e facela chegar ata as follas nun proceso chamado fotosíntese.Grazas á fotosíntese as plantas conseguen o seu alimento.


A continuación a nosa presentación:




13 abr 2010

APLICACION DA FORZA DA AUGA. SISTEMAS HIDRAÚLICOS

MATERIAL

1-Tubo de goma
2-Xiringas
3-Catro tubos de plástico
4-Tesoiras
5-Pegamento forte
6-Cinta adhesiva
7-Un vaso
8-Arame

OBSERVACIÓN

Podemos aproveitar a forza da auga para contruír sistemas hidraúlicos, que son os que se usan por exemplo para os elevadores dos coches e os
volquetes dos camións.

9 abr 2010

A FLOTACIÓN DEPENDE DAS DENSIDADES DAS SUBSTANCIAS





Sabedes que todas as substancias que teñen unha menor densidade que a auga flotan nela?. Ímolo comprobar.

Material:
  • Sal fino
  • Tres vasos
  • Tres ovos crus
  • Culleriña
PROCEDEMENTO:

1º vaso, auga da billa e un ovo cru.
2º vaso, auga con dúas culleriñas de sal fino e un ovo crú.
3º vaso, auga con dúas culleriñas de sal fino e un ovo crú como no anterior, pero aquí váiselle engadindo pouco a pouco máis auga.

OBSERVACIÓN:

No 1º vaso:
o ovo é máis denso cá auga por iso afunde completamente.
No 2º vaso:
A auga salgada é bastante máis densa có ovo cru por iso o ovo flota na superficie da auga.
No 3º vaso:
Á auga salgada rebaixámoslle a cantidade de sal con máis auga da billa, pero ainda así, segue sendo máis densa que o ovo, por iso o ovo segue flotando pero non sobe tanto a superficie coma no primeiro vaso, queda máis ou menos no medio.

APRENDEMOS QUE O VARIAR A DENSIDADE DA AUGA, VARIA TAMÉN O NIVEL DE FLOTACIÓN.

APLICACIÓN:
Na auga do mar flota por exemplo o petróleo.
Se cae petróleo ao mar, como é menos denso cá auga do mar flota sobre ela, e cando chega ás costas contamina ás praias e os acantilados, é moi difícil de limpar.

Se o saberemos nós!, recordades o gran desartre do "Prestige"?.

O "Prestige" foi un petroleiro cargado con 77.000 toneladas de fuel, que afundiu en Galicia no ano 2002 a uns 250 Kms fronte a costa da Morte. A marea negra provocada polo verquido resultante causou unha das catástrofes medioambientais máis grandes da historia da navegación, ademais de que estes derrames afectaron de xeito alarmante á fauna e á pesca da zona, morreron cantidade de especies.
O derrame de petróleo do Prestige foi o terceiro accidente máis caro da humanidade, disque o dobre que a explosión do Challenger, e que o accidente nuclear de Chernobyl. A limpeza da costa estimouse que costou arredor de 12 mil millóns de dólares.




30 nov 2009

THE WATER CYCLE

Esta canción é moi divertida. Aprendímola na clase de inglés. Mira o vídeo, escoitaa e, se queres, aquí tes a letra.

23 nov 2009

EXCURSIÓN A CHELO

O 12 de Novembro saímos do colexio á area recreativa de Chelo a facer sendeirismo. Saímos ás 10:40 e chegamos a Betanzos ás 11:20. Deixamos o autobús e comezamos o noso percorrido pola estrada. Era 1 km e medio ata a aula de natureza. Cando chegamos alá, Fran, o monitor recibíunos e explicounos todo o relacionado co río, e o contorno: o uso que facemos da auga, o funcionamento dunha depuradora, o ciclo da auga e os animais e plantas que podiamos atopar.

Cando saímos, deunos unhas tarxetas con fotos de árbores e tiñamos que atopalas polo camiño en parellas. Despois atopamos uns zapateiros e collemos un nun bote. Cando o vimos, soltámolo na auga outra vez. Polo camiño había moita lama e o río levaba moita auga. Chamoume moito a atención ver cruzar o río a un corzo, que era unha cría. Logo saíu da auga e escapou correndo. Tamén fora a primeira vez que vin unha “man de morto” (é un tipo de cogomelo).

Seguimos o noso percorrido. Iamos case sempre á beira do río, parabamos algunha vez para que Fran nos explicara algo. Máis adiante vimos un penedo grande no medio do río e logo o camiño foise facendo máis estreito. Seguimos co percorrido, cruzamos unha ponte e chegamos á central hidroeléctrica. Alí comemos. Cando nos puxemos a comer, estabamos tod@s fament@s. Ese era o mellor sitio para descansar.

No camiño de volta tivemos que ir bastante depresa. Houbo un anaco que non puidemos pasar, porque o río estaba desbordado e tivemos que dar a volta e subir por un carreiro no que había unha costa. Eu chameille “a costa da morte”, porque era matadora, era moi empinada. Logo baixamos, cruzamos o río outra vez e chegamos á aula de natureza. Cando chegamos ao autobús, non podiamos máis.

Cando iamos no autobús, vimos un camión queimándose. Ao chegar ao colexio, os autobuses estaban esperando por nós. Tod@s chegamos moi cans@s, pero pagou a pena porque o pasamos moi ben.

Este vídeo e un resumo da xornada:





Anxo, Margarita, Alex e Iria