Mostrando entradas con la etiqueta Aprender a aprender. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aprender a aprender. Mostrar todas las entradas

24 may 2010

FERMOSO FENÓMENO DE AUGA

Perseguindo ríos, un día atopei isto, unha pendente que o meu río asolaga, batendo forte no chan, liberando así cada parte que lle pertence a ela.Tan bela é ela que ata os paxariños acompañan ó ritmo do seu son, que endoza todo o seu redor, que percorre o camiño sen descanso dende o amencer ata o solpor.
Fermosa pero forte, bate contra as rochas; mais aínda así, non lle doe.
Tal fermosura nunca vin. É tal, que alimenta o meu corpo, estimula a miña alma e faime escribir fermosas poesías. Pero sempre calada, querendo sentir os rumores da auga.

Fráxil,delicada e de prata,
Encóntrase nela a vista mais fermosa,
Rumores emiten a súa auga clara,
Vales, montañas que recorre fachendosa
Elévana facendo un gran salto,
Neste espérano os verdes prados.
Zoa,zoa que te escoito ao teu lado.
Armonioso son que fai que a contemplemos,calados.

19 may 2010

LAVANDEIRAS DE MASIDE



Na arte galega contemporánea tamén atopamos referencias aos ríos na obra de pintores de vangarda tan coñecidos como Maside.

Este cadro, titulado “Lavandeiras” foi pintado por Maside en 1953. É de estilo cubista e atópase no Museo Quiñones de León en Vigo.
Maside foi un pintor vangardista e un intelectual; formou parte da renovación cultural que tivo lugar en Galicia durante os anos da República.
O voso traballo consiste en publicar no blogue unha pequena reseña sobre un cadro dun pintor ou pintora galeg@ que estea relacionado co noso proxecto interdisciplinar. Debedes dicir o estilo ao que pertence, incluír algunha información sobre @ pintor@ e a época, incluír a foto do cadro e facer un enlace a unha páxina web interesante sobre el.

http://www.pintoresgallegos.com/

Na páxina Pinceladas podedes ver os vosos traballos sobre @s artistas actuais.

22 abr 2010

O DÍA DA TERRA



Hoxe, 22 de abril, celebrouse o día "da Terra". En naturais a mestra falounos da biodiversidade, (todos os seres vivos que habitan a terra), e díxonos o seguinte:

"Imaxínadevos unha casa co seu tellado, se quitamos unha ou dúas tellas pode ser que non pase nada, ou poida que xa entre unha goteira, pero si se seguen quitando tellas esa casa destrúese e non vale para nada" .

Quixo dicir que todos os seres vivos son necesarios para a vida no noso planeta, e que non debemos destruír ningunha especie así porque si, todas son importantes para o mantemento do equilibrio na terra, e que nós debíamos empezar a respectar o que está máis cerca de nós: o paxariño que canta pola mañá cando nos levantamos, os animais e plantas que nos rodean, as persoas coas que vivimos etc, e que se todas as persoas fixeramos así á terra iríalle moito mellor.

Logo tamén fixemos un esquema da clasificación dos seres vivos. Aproveitamos o que fixeran os nosos compañeiros/as na materia do "Pri" do curso pasado, que por certo está moi ben, debeulle dar moito traballo.

Así que xa sabedes, non é cousa de un, nin de dous, nin soamente dos gobernos é cousa de todos e todas, a terra é a casa onde vivimos e nós coma habitantes dela, debemos coidala.

Diego González Viqueira.
Alba Docampo
Verónica Barreiro

18 abr 2010

O CICLO DA AUGA


O noso equipo formámolo:

Ángel manuel Mesías.
Leandro Fernández.
Diego González.

Imos a explicar "O CICLO DA AUGA" a partir da montaxe de destilación. Se vedes o vídeo, parécenos que o ides a entender ben. Esperamos as vosas opinións. Grazas

16 abr 2010

A PRESIÓN DA AUGA



O noso equipo está composto por Verónica, Bertín e Ismael.
Escollemos unha práctica que se chama “A presión da auga”.

MATERIAL:

- Bandexa de aluminio de "todo a cen"
- Botella de auga cortada como se ve na que se fixemos a distintas alturas uns buracos.
- Auga

PROCEDEMENTO:

Verónica, era a encargada de botar a auga na botella, e Ismael e Bertín eramos os encargados de tapar os orificios; foi bastante difícil tapalos todos a vez e dábanos a risa, por iso tivemos que repetir máis dunha vez a operación de encher a botella.
Tamara, con moita pacencia, esperaba coa cámara preparada para sacar a foto.
Por fin conseguímolo!, e á conta de tres destapamos todos á vez os buracos.

OBSERVACIÓN:

Observamos que polo buraco que está na parte de abaixo da botella, o chorro de auga saía lanzado máis lonxe, e polo que esta na parde de enriba, o chorro de auga saía lanzado máis cerca. Aínda que a foto saíu un pouco clara, se vos fixades ben, vense os chorros saíndo coma unha fonte a diferentes distancias. Esta forza que exerce a auga en repouso sobre si mesma e sobre as paredes do recipiente (a botella) chámase presión hidrostática, ben sendo o peso do fluído en repouso. Polo buraco inferior a auga sae lanzada máis lonxe porque soporta maior presión.



Díxonos a mestra que en física íamos estudar O principio de Pascal ou lei de Pascal,
enunciada polo físico e matemático francés Blaise Pascal (1623-1662) que se resume na frase: «O incremento de presión aplicado a unha superficie dun fluido líquido, *incompresible, contido nun recipiente indeformable, tránsmitese por igual a cada unha das partes do mesmo».

* Recordades que a auga era incompresible?. Fixemos a práctica no laboratorio de coller auga nunha xiringa e por moito que premíamos non se movía, ocupaba sempre o mesmo volume, pola contra o aire si que se comprimía ocupando menos volume.

-


14 abr 2010

LÍMITE DE FLOTACIÓN

MATERIAL:

1-Plastilina
2-palangana
3-Auga

PROCEDEMENTO

Collemos dúas cantidades iguais de plastilina.Con unha construimos un barco e con outra unha bóla e metémos ámbalas dúas cousas na palangana que contén auga.

OBSERVACIÓN:

Vemos que o barquiño flota e a bóla non.
A que queredes saber por que?

Pois porque o barco ten maior superficie que a bóla en contacto coa auga. E ao meter o barco na auga, na inmersión, desaloxa unha superficie de auga maior que a bóla, e canta máis auga desaloxe maior é o empurre que experimenta cara a arriba o barco.

A bóla ocupa pouca superficie, entón desaloxa pouca cantidade de auga, e o empurre que experimenta non e suficiente para facela flotar por isto afunde.

LÍMITE DE FLOTACIÓN

Pero a flotación non só depende da forma, senón tamén da densidade.
(Adensidade é a relación entre a masa e o volume.)

Materiales:

1-Plastilina.
2-Pequenos obxetos.
3-Un recipiente.
4-Auga

Explicación:

Cando se vai enchendo o barco con pequenos obxetos, este vai aumentando de densidade
Mentres que a auga que desaloxa o barco teña máis densidade que o barco, este non se afundirá porque o empurre hidrostático logra sostelo. Pero cando a densidade do barco supere á da auga non logrará sostelo, dise que chegou ao límite de flotación, entón pode afundir.

Barcos:
Os barcos, aunque estén construídos con materiais moi densos, como ferro, non se afunde polo que acabamos de explicar.

POR QUE SE DISOLVEN CERTAS SUBSTANCIAS NA AUGA E OUTRAS NON?



O noso equipo está formado por: Alicia, Margarita e Natalia. Escollimos o seguinte experimento:

Por que se disolven certas substancias na auga e outras non?

MATERIAL:

Repartimos o material que tiñamos que traer e fixemos unha ficha explicativa que aparece co experimento.
* Natalia trouxo: café moído e mel.
* Alicia trouxo: café en sobre soluble e arroz.
* Margarita trouxo: unha culleriña e azucre.
* 6 tubos de ensaio.
* auga.
Ímola facer entre as tres porque a mestra de naturais vainos gravar para subir o bloggue do Proxecto Interdiciplinar.

PROCEDEMENTO:

Collemos aproximadamente a mesma cantidade de auga en cada un dos tubos de ensaio, e logo engadímoslle a cada un deles as substancias que trouxemos, axítamolos e:

OBSERVAMOS:

Que unhas substancias disolvíanse na auga e outras non. Disolvéronse o azucre, o café en sobre e o mel, formando mesturas homoxéneas (non se distinguen os seus compoñentes a simple vista). Pola contra o arroz, e o café moído depositáronse no fondo do tubo de ensaio, formando unha mestura heteroxénea (distínguense a simple vista os compoñentes da mestura).
Por que ocorre isto?
A explicación ben sendo que no caso do azucre e o café soluble e o mel, as moléculas da auga métense no medio das moléculas desas substancias porque esas moléculas están unidas con forzas moi débiles e sepáranse con facilidade, pero no caso do arroz e o café moído as moléculas están unidas máis fortemente e non se separan con facilidade, polo tanto non deixan meter no medio ás moléculas da auga.
Tamén temos que dicirvos que botamos demasiado café soluble no tubo de ensaio e fixemos sen querer unha DISOLUCIÓN SATURADA .


EXPLICAMOS A: CRISTALIZACIÓN E A CAPILARIDADE.


MATERIAL:
-Sal fino.
-Dous vasos.
-Un fío de algodón.
-Un pratiño.
-Culleriña.
-Auga.


PROCEDEMENTO:
Facemos a montaxe tal como se ve na foto
EXPLICACIÓN:
1. A solución da auga salgada sobe ao longo do fío por capilaridade (absorción);
2. A auga do fío vai evaporándose, e nel van quedando pendurados os cristais de sal. Algúns cristais co peso caen no cristalizador.
3. Vemos que as moléculas dos cristais estrutúranse nunha organización xeométrica particular, formando cubos (Vense moi ben coa lupa)
4.Aprendemos entón que da mestura homoxénea da auga salgada, o sal recupérase por evaporación da auga.Este método chámase CRISTALIZACIÓN

É interesante, verdade?
APLICACIÓN:
As salinas:
O sal que usamos na cociña é en gran parte extraída do mar.
Nuns grandes depósitos pouco profundos chamados salinas, recóllese a auga do mar, e logo a calor do sol, vai evaporarando a auga, e o sal vai quedando cristalizada no fondo dos depósitos.
CAPILARIDADE:
Material:
-Un talo de apio coas suas follas de uns 20 cm de lonxitude ou un ca
ravel branco.
-Un vaso de precipitados
-Auga.
-Colorante alimentario
Explicación:
Ao cortar o talo de apio podemos observar que os nervios son pequenos tubos a través dos cales sobe ata as follas a auga tinguida.
A auga sobe polos tubos do vexetal como se fora absorbida cara a arriba: é o fenómeno da capilaridade, que permite entre outras cousas, que as plantas absorban polas raíces a auga e os sales minerais da terra e facela chegar ata as follas nun proceso chamado fotosíntese.Grazas á fotosíntese as plantas conseguen o seu alimento.


A continuación a nosa presentación:




13 abr 2010

APLICACION DA FORZA DA AUGA. SISTEMAS HIDRAÚLICOS

MATERIAL

1-Tubo de goma
2-Xiringas
3-Catro tubos de plástico
4-Tesoiras
5-Pegamento forte
6-Cinta adhesiva
7-Un vaso
8-Arame

OBSERVACIÓN

Podemos aproveitar a forza da auga para contruír sistemas hidraúlicos, que son os que se usan por exemplo para os elevadores dos coches e os
volquetes dos camións.

9 abr 2010

A FLOTACIÓN DEPENDE DAS DENSIDADES DAS SUBSTANCIAS





Sabedes que todas as substancias que teñen unha menor densidade que a auga flotan nela?. Ímolo comprobar.

Material:
  • Sal fino
  • Tres vasos
  • Tres ovos crus
  • Culleriña
PROCEDEMENTO:

1º vaso, auga da billa e un ovo cru.
2º vaso, auga con dúas culleriñas de sal fino e un ovo crú.
3º vaso, auga con dúas culleriñas de sal fino e un ovo crú como no anterior, pero aquí váiselle engadindo pouco a pouco máis auga.

OBSERVACIÓN:

No 1º vaso:
o ovo é máis denso cá auga por iso afunde completamente.
No 2º vaso:
A auga salgada é bastante máis densa có ovo cru por iso o ovo flota na superficie da auga.
No 3º vaso:
Á auga salgada rebaixámoslle a cantidade de sal con máis auga da billa, pero ainda así, segue sendo máis densa que o ovo, por iso o ovo segue flotando pero non sobe tanto a superficie coma no primeiro vaso, queda máis ou menos no medio.

APRENDEMOS QUE O VARIAR A DENSIDADE DA AUGA, VARIA TAMÉN O NIVEL DE FLOTACIÓN.

APLICACIÓN:
Na auga do mar flota por exemplo o petróleo.
Se cae petróleo ao mar, como é menos denso cá auga do mar flota sobre ela, e cando chega ás costas contamina ás praias e os acantilados, é moi difícil de limpar.

Se o saberemos nós!, recordades o gran desartre do "Prestige"?.

O "Prestige" foi un petroleiro cargado con 77.000 toneladas de fuel, que afundiu en Galicia no ano 2002 a uns 250 Kms fronte a costa da Morte. A marea negra provocada polo verquido resultante causou unha das catástrofes medioambientais máis grandes da historia da navegación, ademais de que estes derrames afectaron de xeito alarmante á fauna e á pesca da zona, morreron cantidade de especies.
O derrame de petróleo do Prestige foi o terceiro accidente máis caro da humanidade, disque o dobre que a explosión do Challenger, e que o accidente nuclear de Chernobyl. A limpeza da costa estimouse que costou arredor de 12 mil millóns de dólares.




7 abr 2010

SIMULANDO UNHA DEPURADORA

NO LABORATORIO CON MATERIAL MOI SINXELO CONSTRUÍMOS UNHA DEPURADORA



Empregamos tres botellas de auga cortadas pola parte superior, e fixemos o seguiente:

Na primeira botella empezando por abaixo puxémoslle algodón, a segunda carbón activo (que hai no laboratorio) e a terceira area da praia. Estas son as substancias que imos utilizar como filtros.

Nuns vasos de precipitados botamos o seguinte:
Nun auga salgada, noutro auga remexida con terra, e noutro auga con tinta.

Logo fomos botando todas estas mesturas na depuradora: a aréa fai o primeiro filtrado, a continuación o carbón activo e por último o algodón fai o resto. A auga limpa vai caendo nun recipiente, e si probamos a mollar un dedo na auga que sae, comprobamos que apenas está salgada.

Non hai que esquecer que a auga depurada non serve para beber!. Só se podería beber unha vez que se desinfectase con cloro, ozono, ou outros desinfectantes. Esto serve para matar os posibles xermes. A este proceso chámaselle POTABILIZACIÓN

Rocío Villasenín

2 abr 2010

Á CAZA DOS RÍOS DO MUNDO

O RÍO INDO

O ’Indo é un río do sur de Asia, que corre polo Tíbet (China), a India e Paquistán, e do que toma o seu nome a India. Flúe desde o Himalaia en dirección suroeste e desauga no Mar ArábiAs fontes do Indo están situadas no Tíbet, no monte
China, India, Paquistán
Desemboca:
Mar Arábigo (O. ÍndicoKailâs ou Gangri, tomando o seu nome a partir da confluenza dos regos Sengge e Gar, que descenden do Himalaia e drenan os cordais de Nganglong Kangri e de Gangdise Shan. O Indo móvese logo para noroeste, através de Cachemira, ao sur da cadea montañosa do Karakorum, para despois virar gradualmente para o sur, abandonando os outeiros entre Peshawar e Rawalpindi. Neste tramo unha presa forma o encoro de Tarbela. A partir da unión con o río Kabul, o Indo é xa navegábel.
O resto do percurso do río cara o mar desenvóvese polas chairas do
Punjab e do Sind, movéndose as augas con maior vagar. Atravesa Hyderâbâd, antes de desembocar no Mar Arábigo nun grande delta areoso de 7.770 km², que abarca uns 200 km de costa, ao surleste de Karachi, e que é considerado como unha das rexións ecolóxicas das máis importantes do mundo.go, logo de 3.180 km de curso. O Indo é un dos sete ríos sagrados da India.


Alba Docampo Noya
Alex Bello Andreo
Alicia Veiras Noya
Ismael Guillin Silveira
Lucia Andrade Castro

24 mar 2010

O RÍO SENA




O río Sena é un dos ríos principais e vía de auga comercial das rexións de Isla de Francia e Alta Normandía en Francia. Nace a 470 msnm no departamento de Côte-d'Or e desemboca en forma de estiario en El Havre, na baía do Sena, despois de pasar por cidades como Troyes, París ou Ruán. Na capital francesa, os percorridos nos típicos bateaux-mouche polo Sena, con vistas ás beiras esquerda e dereita da cidade, son unha atracción turística.

Tamara Muíño Bello

23 mar 2010

Á caza dos ríos do mundo



África: O río Nilo
O río Nilo é o río de África nororiental. Con 6.671 km de lonxitude, é o curso fluvial de maior lonxitude do mundo. A súa fonte principal é o Kagera, que nace no altiplano de Burundi. Con este nome entra pola costa oeste no lago Victoria, e sae polo norte, preto de Jinja, co nome de Nilo Victoria. Desde o lago, o Nilo diríxese cara ao NO ocupando depresións, como a área pantanosa do lago Kioga. Despois forma unha gran curva e cae 600 m nas cataratas Kabalega, na beira Norte do lago Mabuto. Preto de Sudán toma o nome de Bahr-al Gaval, e flúe cara o NO. Descendendo pouco a pouco ata 465 m en Fort Berkeley, onde se converte nun río de chaira e unha espesa vexetación herbácea, o sudd cubre as súas beiras. Preto de Malakal toma o nome de Nilo Branco, atravesa Nubia e chega a Khatún, onde recibe ao Nilo Azul pola dereita. Despois de recibir o `Atbara, procedente do macizo etíope, penetra na zona desértica. Pouco despois entra en Exipto, onde percorre 300 km ata chegar á primeira catarata, preto de Aswan, onde o Nilo baixa de 330 a 90 m de altitude. Despois do Cairo bifúrcase e comeza o delta , un gran triángulo de 200 km de lado. O aspecto máis característico do curso baixo do Nilo son as cheas que acontecen no Nilo Branco e no Azul, entre maio e outubro.


Compoñentes do equipo: Martín Mesías, Iria Fajín, Natalia Iglesias, Tamara Muiño e Leandro Fernández.

Á caza dos ríos do mundo



Europa: O río Danubio
O río Danubio nace en Alemaña e desemboca no límite fronteirizo de Rumanía e Ucrania. No seu percorrido polo centro atravesa, ademais, territorios de Austria, Eslovaquia, Hungría, Croacia, Serbia, Montenegro e Bulgaria. A súa desembocadura forma un delta. A súa lonxitude é de 2.850 quilómetros cadrados. É o segundo río máis importante do continente e unha das principais vías da comunicación.
Dende o paleolítico o Danubio foi unha importantísima vía de comunicación europea, como proba a civilización danubiana; máis tarde, serviulle de límite ao Imperio Romano que dende o século III d.c o dotou de numerosas fortificacións.
Compoñentes:
Jennifer Dubra Rey, Angela Pazos Bello, Martín Rouco Casal e Brais Rey Calviño

Á caza dos ríos do mundo



América: O río Amazonas
O Amazonas está en América do Sur, é o río máis importante polo seu caudal (90000metros cúbicos/s na desembocadura) e un dos ríos de maior lonxitude (6080000Km), os seus Km non foron establecidos de modo preciso debido ás múltiples ramas que o orixinan,todas elas procedenden da cadea dos Andes.
O Amazonas propiamente dito fórmanse da confluencia do marañón co Ukuali,en territorio peruano. Atravesa o Brasil e desemboca no Atlántico, ramificándo nun estiario.
Foi descuberto en 1499 por Vicente Yánez Pinzón .
En 1592 Francisco de Orellana recorreu desde O Perú hasta a sua desembocadura, bautizando co nome de Amazonas, por ter sido atacado por indias de longas cabeleiras.
A exploración de Orellana foi completada polas de Lope de Aguirre (1560) e Pedro Teixeira (1637).
Afluentes:Jurcá,Madeira,Tapajoz e Xingu pola dereita e pola esquerda Putomayo,Caquetá e Negro.
Compoñentes:Verónica Barreiro,Martín Calviño,Marta Brea e Diego González

O RÍO DE RESTANDE E MONZO




















O rìo pasa pasa por:Monzo, Restande, Benza (direcciòn Chonia), Chonia, Oa ata desembocar no rìo Tambre.


Antigamente poñía en funcionamento os batàns de Oa, grazas á forza da súa auga que fai mover a sùa roda hidràulica, facendo asì traballar e mover os seus mazos para traballar a tea que levaban alì as persoas.


Tamèn se utilizaba para pescar.

Àngela Pazos Bello

O RÍO MACKENZIE


Sabías que?


O río Mackenzie é un río do Oeste de Canadá é de 2320 km e de cunca 1760000 km 2. Orixínase no Gran Lago do Esclavo e flue cara o Noroeste ata desembocar con extenso caudal de 36000 km 2 no mar de Beaufort, no océano Glacial Ártico.

Verónica Barreiro Calviño.

11 mar 2010

Á caza dos ríos do mundo.


España: O río Miño
O río Miño é un río europeo situado no noroeste da península Ibérica, que discorre pola comunidade española de Galicia, aínda que no seu tramo final forma a fronteira entre España e Portugal.
É o río máis longo de Galicia, e o máis caudaloso unha vez que recibe ao río Sil, o seu principal afluente. Ten unha lonxitude de 308 km e ten unha conca de 12.486 km2. Nace no Pedregal de Irimia da Serra de Meira. O río Miño percorre os seus primeiros 40 km na meseta de Lugo. Serve, nos seus últimos 76 km da fronteira entre España e Portugal, desemboca no océano Atlántico. É navegable nos seus últimos 33 km. O río Miño pasa polas cidades de Lugo, Ourense, Ribadavia, Francelos, Tui e Portomarín. Rocío Villasenín Bello Bertín López Ramas Margarita Pombo Castro Angel Manuel Mesías Remuiñán

9 mar 2010

Á CAZA DOS RÍOS DO MUNDO




Esta actividade realizámola na clase de Sociais en grupos de 4.
A mestra deunos un mapa mudo no que tiñamos que situar os ríos máis importantes, entre 5 e 10 ríos. Cada equipo tiña asignado un continente: África, Europa, Asia, América e o último grupo traballará sobre España. A continuación, marcamos no mapa os ríos e coloreámolo. Por último, elaboramos un estudo sobre un río importante do continente que nos tocou a cada equipo.
Traballamos na biblioteca e buscamos a información en atlas e enciclopedias. No mapa grande anotamos a bibliografía, os compoñentes do grupo e os ríos que buscamos. @ voceir@ fai o resumo do traballo realizado na hora de clase e explica á clase onde atoparon a información e como fixeron a actividade.
Gustounos moito esta experiencia de traballar c@s compañeir@s e intercambiar información coa clase. Aprendemos moitas cousas sobre ríos do mundo e de xeito moi entretido.

Iremos publicando as entradas con pequenos monográficos dun río de cada continente, ilustrados con algúns dos mapas que elaboramos.