18 feb 2010

ALGÚNS USOS TRADICIONAIS DOS RÍOS

Sabías que...

Antigamente os ríos utilizábanse para facer mover os muíños, e estes moían o millo e o trigo.
As mulleres lavaban a roupa neles, poñendo unha pedra ou unha táboa plana en forma de lavadeiro. Ademais de roupa, lavábanse máis cousas como as tripas dos porcos e a la de ovella.Servía para abrandar a planta do liño, deixábana unha semana no río e, para que non marchara, poñíanlle pedras encima, logo facían o fío.
Utilizábase para regar os prados e dar de beber ao ganado.
A xente tamén ía pescar e a area do fondo usábase para facer muros.



Marta Brea Martínez

11 feb 2010

UN REGATO DE MONZO


Por Monzo (Trazo) pasa un regato que non ten nome. Preguntei aos meu familiares e ninguén sabe ou o coñece. É longo e estreito; desemboca no río Tambre(Chaián).Ten varios tipos de peixes: hai troitas pequenas e crías de escalos e outros que non coñezo. No verán leva escaso caudal e en inverno bótase fóra do seu cauce.
Conta a lenda que unha vez un home se bañara neste regato e a historia di que a súa alma aínda flota na auga do regato sen nome.

Bertín López Ramas

OS RÍOS DE BERREO


Sabias que:

Pola miña parroquia (Berreo) pasa o río Tambre e o río Lengüelle que desemboca no primeiro.No río Tambre péscanse troitas,escalos...Por iso é moi concorrido polos pescadores en épocas de pesca.O río Lengüelle tamén ten moitas troitas e ten un acceso moi bo para poder pescar.En Berreo hai unha aldea (Nogalláns)onde eu vivo na que hai un regato que levaba auga para moer un muíño que agora, por problemas da concentración parcelaria, non ten auga e non funciona.

Diego González Viqueira

O RÍO TAMBRE



O río Tambre ten un percorrido de 125 Km, e pertence á vertente atlántica. Nace na parroquia da Porta, en Sobrado, leva dirección SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada do Engano. Percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Santiago, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos e Lousame (1.531 Km cadrados).
O río Tambre conta cunha rica fauna aos seus arredores.
Na zona de Portomouro (onde se xuntan o Tambre e o Dubra) pódense atopar numerosos animais de todo tipo en estado salvaxe (garzas, parrulos, coruxas, lontras,etc.) Na auga abundan as troitas, os escalos e incluso as anguías.

Alicia
Veiras

RÍO DE RESTANDE E MONZO









REFRÁNS


Aquí vas atopar algúns refráns sobre ríos, que son curiosos:

-A río revolto, gañancia de pescadores.
-Auga pasada non moe o muíño.
-Cada un quere levar a auga ao seu muíño e deixar seco ao do seu veciño.
-De perdidos ao río.
-O desgraciado, vai por auga ao río, e encontra a conca baleira.
-A vella escarmentada, pasa o río remangada.
-Nin horta en sombrío, nin casa no río.
-Non cambies de cabalo cando estés cruzando o río.
-Non fales mal da ponte ata ter cruzado o río.
-Non probes a profundidade do río cos dous pés.
-Xa que a auga non vai ó muíño, que vaia o muíño a auga.
-Cando chove e vai frío vai o demo polo río.

Tamara Muíño Bello

A FESTA DO ESCALO





A festa do escalo é unha festa que se celebra en Chaián no río Tambre.
Cada ano vai xente a pescar escalos e se pescan unha troita tírana ao río.

As persoas teñen un tempo para pescar e media hora máis tarde dan a coñecer as súas capturas ao xurado. Esta festa é o 19 de Xullo, está organizada por la Sociedad La Venatoria.

Rocío Villasenín



4 feb 2010

DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS D@S BLOGUER@S


Durante o mes de febreiro empezaremos a publicar tod@s no blogue. Recolleremos reflexións e investigación persoais, os temas que tratemos en Pri ou nas outras asignaturas relacionados co proxecto. Para prepararnos, estivemos en clase analizando o que pode significar publicar nun medio público e aberto como é Internet. Comentamos cales poden considerarse "boas prácticas" á hora de facer isto. O texto sobre o que traballamos podes consultalo aquí.


19 ene 2010

Estas son as portadas dos traballos sobre "a miña árbore"

EDUCACIÓN PLÁSTICA CO PROXECTO

En plástica fixemos un traballo de composición con formas orgánicas utilizando follas que buscamos pola beira do río.