28 feb 2010

O río Ulla


A bacía abrangue unha superficie de 2803 km2, cunha marcada disimetría pola presenza do río Deza e do Arnego, feito que condiciona un índice de elongación de 0,45.
Os distintos tramos do Ulla pódense apreciar no perfil de equilibrio que se rompe por causa da pendente desde Castro de Amarante ata Basadre. Temos así tres partes: a cunca alta cunha pendente do 0,8%, o corredor de saída da cunca alta cunha pendente do 3,3% e o resto do curso, que alcanza unha pendente media do 0,32%.

26 feb 2010

Tambre

Así baixaba o río esta tarde despois do que leva chovido. A carballeira de Chaian, Ponte Albar e os montes de Xavestre tomados dende Fecha.
Pri


25 feb 2010

CANTIGAS E REFRÁNS DE RÍOS


Cantigas

A NOITE NO MUIÑO
Esta noite no muíño
esta noite non é nada
unha semaniña enteira iso si que é muiñada

Refráns
A vella escarmentada pasa o río remangada.
De perdidos ao río.
Un tolo tira unha pedra o río e cen listos non a logran encontrar.
Cando o río soa auga leva.
As augas buscan os ríos.
Todos os ríos chegan o mar, pero o mar non se desborda.

23 feb 2010

O GANXES, O RÍO SAGRADO DA INDIA





O río Ganxes nace na India, na vertente Sur do Himalaia, e desemboca no golfo de Bengala. Despois percorre un curso de 2.700 km de lonxitude.


O seu caudal aumenta moito polas chuvias dos monzóns. É un río sagrado, as súas augas teñen virtudes salvíficas e purificadoras.


Algus hindús fan a peregrinaxe para se bañar nas súas augas, e practicar meditación na súa beira. Ao longo do percorrido fluvial de Ganxes, hai varios sitios sagrados hindús. Todos queren bañarse nel, xa que as súas augas limpan os pecados e liberan do ciclo das reencarnacións.Soen tirar as cinzas dos defuntos ao río xa que ali descansarán eternamente.

18 feb 2010

CURIOSIDADES SOBRE A AUGA

SABÍAS QUE...

hai só cen anos que temos billas?
Ata entón, a auga para beber íase buscar ás fontes e levábase para as casa. De feito, segundo a OMS, na actualidade, só un 20% da poboación mundial ten agua no seu fogar.

Se queres saber máis curiosidades sobre a auga, preme aquí.

O RÍO LENGÜELLE

Sabias que...?


O río Lengüelle é un río galego, afluente do Tambre pola súa marxe dereita, na provincia da Coruña.

Percorrido:
Nace no municipio de Tordoia, no monte dos Curros a uns 350 m de altura, atravesando unha pequena parte deste municipio, para a continuación formar o límite entre os municipios de Trazo e Oroso, e entre os que entrega as súas aguas ao río Tambre, cerca de Vilar, en Trazo e da Estación de Oroso, no municipio de Oroso. A súa lonxitude total é de preto de 27 km e a súa conca hidrográfica abrangue unha área de 328 km.

Afluentes :
Os principais afluentes do río Lengüelle son os ríos Cabron e Pontevedra pola esquerda.



Réxime hídrico :
É un curso de rexime pluvial, de tipo oceánico, correspondendo a unhas precipitacións medias na súa conca de 1.600 mm anuais

O RÍO DA PONTE DA FEIRA

O río de Benza nace en Monzo e pasa por Restande e Lestrove. Desemboca no río da Chonia.
É río principal . O seu principal afluente é Lugar de Abaixo, ten abundante caudal e escaso no mes de Agosto e Setembro.
A lonxitude total é 12 km. Ten desniveis e pendentes nos lugares de Monzo e Benza.
Ao seu arredor nacen bidueiros, carballos...
Nas súas augas viven troitas, escalos e outros.

AMAZONAS vs NILO



Amazonas:

O río Amazonas é o río máis longo, o máis caudaloso e o que ten a maior conca do planeta. A súa lonxitude é de 6.800 km, que supera por máis de corenta km ao río Nilo, en África. O nome do Amazonas ideouno unha persoa que estaba de exploración ao veren unhas guerreiras montar a cabalo, de aí procede o nome do Amazonas.


Nilo:

O río Nilo é o segundo río máis longo do mundo con 6.756 km. O seu principal afluente é o Kagera. O Nilo foi un elemento fundamental para o florecemento da civilicación do Antigo Exipto. Sábese que o río Nilo conxelouse en dúas ocasións (829 d.c e en 1010 d.c).

Leandro Fernández Döpper





ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES




ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES
Cantares Galegos, 15

de ROSALIA DE CASTRO

Adiós, ríos; adios fontes;

adios, regatos pequenos;

adios, vista dos meus ollos:

non sei cando nos veremos.


Miña terra, miña terra,

terra donde me eu criei,

hortiña que quero tanto,

figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,

pinares que move o vento,

paxariños piadores,

casiña do meu contento,

muíño dos castañares,

noites craras de luar

campaniñas trimbadoras,

da igrexiña do lugar

amoriñas das silveiras

que eu lle daba ó meu amor,

camiñiños antre o millo,

¡adios, para sempre adios!

¡Adios groria!

¡Adios contento!

¡Deixo a casa onde nacín,

deixo a aldea que conozo por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,

deixo a veiga polo mar,

deixo, en fin, canto ben quero...

¡Quen pudera non deixar!...


Mais son probe e,

¡mal pecado!,

a miña terra noé miña,

que hastra lle dan de prestadoa beira

por que camiñaó que naceu desdichado.

Téñovos, pois, que deixar,

hortiña que tanto amei,

fogueiriña do meu lar,

arboriños que prantei,

fontiña do cabañar.

Adios, adios, que me vou,

herbiñas do camposanto,

donde meu pai se enterrou,

herbiñas que biquei tanto,

terriña que nos criou.

Adios Virxe da Asunción,

branca como un serafín;

lévovos no corazón:

Pedídelle a Dios por min,

miña Virxe da Asunción.

Xa se oien lonxe, moi lonxe,

as campanas do Pomar;

para min, ¡ai!, coitadiño,

nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, máis lonxe.

Cada balada é un dolor;

voume soio, sin arrimo...

¡Miña terra, ¡adios!,

¡adios!¡Adios tamén, queridiña!...

¡Adios por sempre quizais!...

Dígoche este adios chorandodesde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,si morro de soidás...

tantas légoas mar adentro...

¡Miña casiña!,¡meu lar!


Iria Fajín Casas


O 5 de marzo de 2010 Joan Baez interpretou nun concerto no teatro García Barbón de Vigo o poema mais famoso de Rosalía coa música que hai uns anos lle puxera Amancio Prada. Se queres saber mais dalgún destes cantautores, podes visitar as súas páxinas oficiais:
www.joanbaez.com
www.amancioprada.com
Así soaba Rosalía na voz de Joan Baez:


Pri


ALGÚNS USOS TRADICIONAIS DOS RÍOS

Sabías que...

Antigamente os ríos utilizábanse para facer mover os muíños, e estes moían o millo e o trigo.
As mulleres lavaban a roupa neles, poñendo unha pedra ou unha táboa plana en forma de lavadeiro. Ademais de roupa, lavábanse máis cousas como as tripas dos porcos e a la de ovella.Servía para abrandar a planta do liño, deixábana unha semana no río e, para que non marchara, poñíanlle pedras encima, logo facían o fío.
Utilizábase para regar os prados e dar de beber ao ganado.
A xente tamén ía pescar e a area do fondo usábase para facer muros.



Marta Brea Martínez

11 feb 2010

UN REGATO DE MONZO


Por Monzo (Trazo) pasa un regato que non ten nome. Preguntei aos meu familiares e ninguén sabe ou o coñece. É longo e estreito; desemboca no río Tambre(Chaián).Ten varios tipos de peixes: hai troitas pequenas e crías de escalos e outros que non coñezo. No verán leva escaso caudal e en inverno bótase fóra do seu cauce.
Conta a lenda que unha vez un home se bañara neste regato e a historia di que a súa alma aínda flota na auga do regato sen nome.

Bertín López Ramas

OS RÍOS DE BERREO


Sabias que:

Pola miña parroquia (Berreo) pasa o río Tambre e o río Lengüelle que desemboca no primeiro.No río Tambre péscanse troitas,escalos...Por iso é moi concorrido polos pescadores en épocas de pesca.O río Lengüelle tamén ten moitas troitas e ten un acceso moi bo para poder pescar.En Berreo hai unha aldea (Nogalláns)onde eu vivo na que hai un regato que levaba auga para moer un muíño que agora, por problemas da concentración parcelaria, non ten auga e non funciona.

Diego González Viqueira

O RÍO TAMBRE



O río Tambre ten un percorrido de 125 Km, e pertence á vertente atlántica. Nace na parroquia da Porta, en Sobrado, leva dirección SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada do Engano. Percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Santiago, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos e Lousame (1.531 Km cadrados).
O río Tambre conta cunha rica fauna aos seus arredores.
Na zona de Portomouro (onde se xuntan o Tambre e o Dubra) pódense atopar numerosos animais de todo tipo en estado salvaxe (garzas, parrulos, coruxas, lontras,etc.) Na auga abundan as troitas, os escalos e incluso as anguías.

Alicia
Veiras

RÍO DE RESTANDE E MONZO









REFRÁNS


Aquí vas atopar algúns refráns sobre ríos, que son curiosos:

-A río revolto, gañancia de pescadores.
-Auga pasada non moe o muíño.
-Cada un quere levar a auga ao seu muíño e deixar seco ao do seu veciño.
-De perdidos ao río.
-O desgraciado, vai por auga ao río, e encontra a conca baleira.
-A vella escarmentada, pasa o río remangada.
-Nin horta en sombrío, nin casa no río.
-Non cambies de cabalo cando estés cruzando o río.
-Non fales mal da ponte ata ter cruzado o río.
-Non probes a profundidade do río cos dous pés.
-Xa que a auga non vai ó muíño, que vaia o muíño a auga.
-Cando chove e vai frío vai o demo polo río.

Tamara Muíño Bello

A FESTA DO ESCALO





A festa do escalo é unha festa que se celebra en Chaián no río Tambre.
Cada ano vai xente a pescar escalos e se pescan unha troita tírana ao río.

As persoas teñen un tempo para pescar e media hora máis tarde dan a coñecer as súas capturas ao xurado. Esta festa é o 19 de Xullo, está organizada por la Sociedad La Venatoria.

Rocío Villasenín



4 feb 2010

DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS D@S BLOGUER@S


Durante o mes de febreiro empezaremos a publicar tod@s no blogue. Recolleremos reflexións e investigación persoais, os temas que tratemos en Pri ou nas outras asignaturas relacionados co proxecto. Para prepararnos, estivemos en clase analizando o que pode significar publicar nun medio público e aberto como é Internet. Comentamos cales poden considerarse "boas prácticas" á hora de facer isto. O texto sobre o que traballamos podes consultalo aquí.