24 may 2010

Sentimos o río?

En galego o verbo "sentir" ten diversas acepcións:
  • Percibir a través dos sentidos, en particular do oído.

  • Percibir ou experimentar certas sensacións.

  • Experimentar un sentimento.

A todas elas faremos referencia nesta ocasión.

A experiencia consistiu en propoñerlles aos alumnos que escribisen o que percibían e o que sentían ao escoitar un son. Os sons que reproducimos pertencían ao cd Sons da terra, do Arquivo Sonoro de Galicia, editado polo Consello da Cultura Galega. Eliximos os cortes 5 e 6 que se corresponden cun regato pequeno en San Simón (O Corgo, Lugo) e un río en tramo medio en Samarugo (Vilalba, Lugo).

Partindo desas audicións obtivemos a seguinte información:
1. Que pensaban que estaban escoitando?
A opción máis votada foi a chuvia (13 votos). A seguir figuran a fervenza (10), unha televisión mal sintonizada (8), un río (só 7 de 22 alumnos recoñeceron o son), unha billa aberta (6), a radio con interferencias (4), unha treboada (3) e as ondas na praia (3). Outras alternativas máis orixinais e con menor votación (só 1 voto): unha persoa lavando, as obras na rúa, navegar nun barco, un tren, unha dor de oídos, o corazón partido e un home mexando.






2. Que sensacións lles producían?
As respostas obtidas foron moito máis diversas nesta ocasión pois recollemos vinte e dúas sensacións e unicamente tres coinciden en varios alumnos:
  • Que sentes? tristeza (2), soidade, tranquilidade (3), cariño, alegría, preguiza, frío, sono, aburrimento, fastío, felicidade, desilusión, liberdade, harmonía, sede, balbordo, relax (4), desesperación.
  • Como te sentes? forte, sentimental, mal, prodúceme dor de cabeza...

Con esta experiencia constatamos que cada un de nós é único e orixinal (como a auga do río que nunca é a mesma malia parecer igual) e que os sentimentos, aínda partindo da mesma realidade, son totalmente subxectivos.

FERMOSO FENÓMENO DE AUGA

Perseguindo ríos, un día atopei isto, unha pendente que o meu río asolaga, batendo forte no chan, liberando así cada parte que lle pertence a ela.Tan bela é ela que ata os paxariños acompañan ó ritmo do seu son, que endoza todo o seu redor, que percorre o camiño sen descanso dende o amencer ata o solpor.
Fermosa pero forte, bate contra as rochas; mais aínda así, non lle doe.
Tal fermosura nunca vin. É tal, que alimenta o meu corpo, estimula a miña alma e faime escribir fermosas poesías. Pero sempre calada, querendo sentir os rumores da auga.

Fráxil,delicada e de prata,
Encóntrase nela a vista mais fermosa,
Rumores emiten a súa auga clara,
Vales, montañas que recorre fachendosa
Elévana facendo un gran salto,
Neste espérano os verdes prados.
Zoa,zoa que te escoito ao teu lado.
Armonioso son que fai que a contemplemos,calados.

20 may 2010

My message to save the earth

Este voki é para informasvos,para que saibades que facendo pequenos xestos podemos salvar a terra!!
Se queredes ver algún consello mais pinchade aquí



Get a Voki now!

19 may 2010

LAVANDEIRAS DE MASIDE



Na arte galega contemporánea tamén atopamos referencias aos ríos na obra de pintores de vangarda tan coñecidos como Maside.

Este cadro, titulado “Lavandeiras” foi pintado por Maside en 1953. É de estilo cubista e atópase no Museo Quiñones de León en Vigo.
Maside foi un pintor vangardista e un intelectual; formou parte da renovación cultural que tivo lugar en Galicia durante os anos da República.
O voso traballo consiste en publicar no blogue unha pequena reseña sobre un cadro dun pintor ou pintora galeg@ que estea relacionado co noso proxecto interdisciplinar. Debedes dicir o estilo ao que pertence, incluír algunha información sobre @ pintor@ e a época, incluír a foto do cadro e facer un enlace a unha páxina web interesante sobre el.

http://www.pintoresgallegos.com/

Na páxina Pinceladas podedes ver os vosos traballos sobre @s artistas actuais.

12 may 2010

A CARTOON

Create a comic with suggestions to help the environment.
Go to www.toondoo.com and follow the instructions. It´s very easy.

school project

BE NICE WITH OUR PLANET


Get a Voki now!


Natalia