24 may 2010

Sentimos o río?

En galego o verbo "sentir" ten diversas acepcións:
  • Percibir a través dos sentidos, en particular do oído.

  • Percibir ou experimentar certas sensacións.

  • Experimentar un sentimento.

A todas elas faremos referencia nesta ocasión.

A experiencia consistiu en propoñerlles aos alumnos que escribisen o que percibían e o que sentían ao escoitar un son. Os sons que reproducimos pertencían ao cd Sons da terra, do Arquivo Sonoro de Galicia, editado polo Consello da Cultura Galega. Eliximos os cortes 5 e 6 que se corresponden cun regato pequeno en San Simón (O Corgo, Lugo) e un río en tramo medio en Samarugo (Vilalba, Lugo).

Partindo desas audicións obtivemos a seguinte información:
1. Que pensaban que estaban escoitando?
A opción máis votada foi a chuvia (13 votos). A seguir figuran a fervenza (10), unha televisión mal sintonizada (8), un río (só 7 de 22 alumnos recoñeceron o son), unha billa aberta (6), a radio con interferencias (4), unha treboada (3) e as ondas na praia (3). Outras alternativas máis orixinais e con menor votación (só 1 voto): unha persoa lavando, as obras na rúa, navegar nun barco, un tren, unha dor de oídos, o corazón partido e un home mexando.






2. Que sensacións lles producían?
As respostas obtidas foron moito máis diversas nesta ocasión pois recollemos vinte e dúas sensacións e unicamente tres coinciden en varios alumnos:
  • Que sentes? tristeza (2), soidade, tranquilidade (3), cariño, alegría, preguiza, frío, sono, aburrimento, fastío, felicidade, desilusión, liberdade, harmonía, sede, balbordo, relax (4), desesperación.
  • Como te sentes? forte, sentimental, mal, prodúceme dor de cabeza...

Con esta experiencia constatamos que cada un de nós é único e orixinal (como a auga do río que nunca é a mesma malia parecer igual) e que os sentimentos, aínda partindo da mesma realidade, son totalmente subxectivos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario