18 dic 2009

A MIÑA ÁRBORE

Cada un de nos fixo un traballo sobre unha árbore do noso contorno, e logo na clase de plástica fixemos a portada utilizando distintos tipos de letras que nos ensinou Tania, a mestra de plástica. Aquí só saen os traballos e noutra entrada publicaremos as portadas. Xa nos diredes si vos gustan.




ÁRBORES

Na nosa saída a Chelo recollimos follas de árbores, e na clase de naturais fixemos estes traballos. A que quedaron ben?.
Eu, Leandro, fun o que lle saquei as fotografías e subinme a un banco para que saíran todas.

1 dic 2009

VALORACIÓN DA SAÍDA AO RÍO MANDEO


Despois dun coloquio no que intercambiamos impresións e observacións sobre a saída, fixeron siluetas en cartolina das follas que recolleran na saída. Nelas, escribiron algunhas das suas opinións e pedímoslles que firmaran co seu nome e que poñeran como apelido o nome da árbore da folla utilizada. Buscamos un xeito común de expresar as ideas, empezando as frases por...

Gustoume /encantoume…

Custoume un pouco…

Aprendín que… / Comprendín que...

Sorprendeume… / Chamoume a atención…

Tiña sido mellor se…

Para ver as nosas opinións, preme aquí.

30 nov 2009

THE WATER CYCLE

Esta canción é moi divertida. Aprendímola na clase de inglés. Mira o vídeo, escoitaa e, se queres, aquí tes a letra.

29 nov 2009

O QUE TAL APRENDIMOS...!

Este é o mural que fixemos como resumo e resultado da nosa investigación.


24 nov 2009

SABÍAS QUE...........



La palabra río viene del latín rius, rivus y significa arroyo.

Pero también los árabes tenían su propia palabra para río. El término wadi es una palabra árabe que significa río.

Los Musulmanes dejaron en España muchos topónimos utilizando ese lexema “wadi”, sobre todo para denominar ríos y ciudades en el sur de la península. Por ejemplo, wad-al-kibir (Guadalquivir), que significa río grande.

La historia de la palabra Guadiana es muy curiosa. Anas significaba río en la época prerromana. A este término, los árabes le añadieron wadi (río). Por tanto, río wadi-ana significa río río-río.

Relación de algunos ríos que utilizan el lexema wadi:

Afluentes del río Guadalquivir: Guadalimar, Guadalén, Guadiato.

El Guadalete, que desemboca en la bahía de Cádiz.

El Guadalmelina, que desemboca en el centro de la ciudad de Málaga.

El Guadalfeo, que desemboca en Granada.

Ismael e Natalia

23 nov 2009

EXCURSIÓN A CHELO

O 12 de Novembro saímos do colexio á area recreativa de Chelo a facer sendeirismo. Saímos ás 10:40 e chegamos a Betanzos ás 11:20. Deixamos o autobús e comezamos o noso percorrido pola estrada. Era 1 km e medio ata a aula de natureza. Cando chegamos alá, Fran, o monitor recibíunos e explicounos todo o relacionado co río, e o contorno: o uso que facemos da auga, o funcionamento dunha depuradora, o ciclo da auga e os animais e plantas que podiamos atopar.

Cando saímos, deunos unhas tarxetas con fotos de árbores e tiñamos que atopalas polo camiño en parellas. Despois atopamos uns zapateiros e collemos un nun bote. Cando o vimos, soltámolo na auga outra vez. Polo camiño había moita lama e o río levaba moita auga. Chamoume moito a atención ver cruzar o río a un corzo, que era unha cría. Logo saíu da auga e escapou correndo. Tamén fora a primeira vez que vin unha “man de morto” (é un tipo de cogomelo).

Seguimos o noso percorrido. Iamos case sempre á beira do río, parabamos algunha vez para que Fran nos explicara algo. Máis adiante vimos un penedo grande no medio do río e logo o camiño foise facendo máis estreito. Seguimos co percorrido, cruzamos unha ponte e chegamos á central hidroeléctrica. Alí comemos. Cando nos puxemos a comer, estabamos tod@s fament@s. Ese era o mellor sitio para descansar.

No camiño de volta tivemos que ir bastante depresa. Houbo un anaco que non puidemos pasar, porque o río estaba desbordado e tivemos que dar a volta e subir por un carreiro no que había unha costa. Eu chameille “a costa da morte”, porque era matadora, era moi empinada. Logo baixamos, cruzamos o río outra vez e chegamos á aula de natureza. Cando chegamos ao autobús, non podiamos máis.

Cando iamos no autobús, vimos un camión queimándose. Ao chegar ao colexio, os autobuses estaban esperando por nós. Tod@s chegamos moi cans@s, pero pagou a pena porque o pasamos moi ben.

Este vídeo e un resumo da xornada:





Anxo, Margarita, Alex e Iria

20 nov 2009

A saída de sendeirismo




Para finalizar a preparación da saída a Chelo e, sempre nos nosos grupos, resumimos o traballo dos últimos días. Os grupos de sendeirismo e preparación do material recollimos o mais importante en listas feitas en cartolinas. Os que selecionamos os consellos para ser un bo sendeirista e un bo naturalista fomos poñendo cada idea nunha cartolina con forma de bota. Limos e comentamos todo o traballo e, ao final pinchamos todo no noso corcho. Se queredes ver o resumo do traballado podedes pinchar aquí.




19 nov 2009

SENDEIRISMO 2


Día 5 de Novembro. Repasamos no grupo o que iamos ler cada unh@.. Despois, saímos en grupos a expoñelo diante de toda a clase e a falar do tema como se foramos expert@s na materia. Myriam sacaba fotos a cada grupo e Ignacio observaba como o faciamos. Cada membr@ do grupo tiña que dicir cousas diferentes e non podiamos repetir, por iso tiñamos que estar moi atent@s sempre.

Todo isto que lemos na clase é para levar ben preparada a saída a Chelo, que consiste en visitar a aula de natureza e facer un roteiro de sendeirismo con roupa e calzado cómodo.

Ao día seguinte puxémonos en grupos de novo, apuntamos as cousas necesarias para ir a Chelo e escollimos as ideas que nos pareceron máis importantes nos textos que limos. Por exemplo, non tirar lixo, respectar as plantas, coidar as fontes de auga, e outras cousas. Ao final, puxemos en común estas ideas, Ignacio escribiunas no encerado e Lidia deunos máis información.

Verónica e Alicia

SENDEIRISMO 1


Día 29 de Outubro. Sentámonos en grupos e os mestres repartiron información sobre o sendeirismo. Os textos son diferentes para cada grupo. Un grupo leu “que é o sendeirismo”. Outro “o material que hai que levar”, o grupo 3 “ cómo ser unh@ bo@ naturalista e os grupos 4 e 5 leron “a marcha e algúns consellos prácticos”, como ir polo camiño.

Cada grupo tivo que ler e suliñar cun rotulador fosforescente o que lle pareceu máis importante. Había cousas moi interesantes, cousas nas que non nos pararamos a pensar antes. Gustoume moito descubrir cousas novas para ser unh@ boa sendeirista.
Logo, repasamos no grupo o que marcamos e fomos tachando o que non era tan importante. Despois, repartimos anacos da información a cada membr@ do grupo e limos, cada un@ a súa parte, explicándoo coas nosas palabras.

Cando rematou a clase, levamos os textos para casa, para ensaiar e practicar a lectura, pois na seguinte clase o imos expor diante de toda a clase. Tod@s colaboramos moi ben, traballamos baixiño e moi entusiasmad@s.

Alba, Tamara e Marta

16 nov 2009

QUE SIGNIFICA O RÍO PARA MIN?

En ciencias sociais reflexionamos sobre o que é para nós un río. Tíñamos que escribir un pequeno texto e acompañalo con un debuxo.
Veredes na revista virtual que elaboramos que cada un seguíu un camiño diferente, pero tamén que hai “tags” que se repiten bastante: non podía faltar a palabra AUGA, claro, e tamén están VIDA, CAMIÑO, GOCE, LEDICIA E EMOCIÓN, OBSTÁCULOS, CORRENTE, RELAXACIÓN, TRANQUILIDADE E PAZ, LIBERDADE, SONS, SENSACIÓNS, BAÑARSE, TROITAS, PESCAR, AMIGOS E FAMILIARES…

15 nov 2009

OBSERVACIÓN DO CONTORNO

SAÍDA AO REGATO

Xoves, 15 de outubro de 2009. Esta é a data da nosa primeira saída do centro para tomar contacto coa parte práctica de “Proxecto Interdisciplinar”.

Poderiamos estar a falar dun día calquera de colexio, pero o certo é que creo que, o que máis e o que menos, xa entramos na aula cunha sensación diferente. Sabiamos que iamos facer algo distinto, algo que cando menos rompía o transcurso dun día normal de colexio.

Estivemos pouco tempo no centro, só o xusto para que os mestres nos lembraran algunhas cousas, tales como: pór atención no que estabamos a facer, fixarnos no que iamos vendo e tomar notas. Con estas indicacións, botamos a andar cara á nosa “aventura”.

O día estaba verdadeiramente bo, un típico día de outono. Lucía o sol, pero non quentaba e, ao mesmo tempo, corría algo de vento, pero sen facer frío. Collemos o camiño cara ao río, que eu máis ben chamaríalle “regacho”, non por desprezo senón por pequecho.

A min, este paseo cara ao río lembrábame algúns dos moitos que teño dado cos meus pais, e mesmo con amigos ou familiares que veñen de visita á nosa casa e, logo de pasar un tempo xuntos, botamos a andar, case sempre cara ao monte, se o tempo o permite. É algo que nos gusta e nos relaxa. De todos os xeitos, e volvendo ao “proxecto”, esta camiñada foi moi interesante. Deunos a oportunidade de fixarnos en moitos detalles que normalmente pasamos por alto.

Fomos recollendo todo tipo de materiais que atopabamos no camiño, dende plásticos e un calcetín, ata follas caídas de moitas especies de árbores.

Cando chegamos ao regato, tivemos que abrirnos camiño entre a herba e os fieitos, que estaban moi grandes. Xa no regato vimos ras pequenas e zapateiros. Cruzámolo pasando por riba dunhas pedras, para poder medir o ancho e tamén a profundidade. Logo, fixemos o camiño de volta recollendo outros materiais que atopabamos ao noso paso.

Esta foi a nosa primeira saída para aprender máis sobre o río e o seu contorno. Estou seguro que nos queda moito por aprender. Seguireivos contando.

Martín Calviño


13 nov 2009

O MÉTODO CIENTÍFICO



Dias atrás a mestra de naturais mandounos traer pompeiros a tod@s os que quixeramos. Cando xa tiñamos bastantes pompeiros levounos ao laboratorio e, a conta de tres, comezamos a facer pompas tod@s a vez. Encheuse o laboratorio de pompiñas e a nos dábanos moita risa. A mestra aproveitou para explicar que a materia primeira estaba toda contida nunha inmensa bola (o pompeiro) e que chegou un momento que estaba moi quente e moi presionada entón explotou, e despois da Grande Explosión, formáronse nubes de gas que xiraban sobre si mesmas e que se expandían moi rápido, ata que chegou un momento que se condensaron e formaron millóns de estrelas, entre elas o Sistema Solar do que forma parte a Terra.Entón nos tiñamos que centrar a vista nunha pequena pompiña que representaba a Terra. As demais eran os distintos astros do sistema Solar, pero por desgracia...a pompiña Terra bateu no nariz de Martín (mais risas), e tivemos que escoller outra Terra.

Con isto aprendiamos que igual que as pompas teñen un fin porque explotan ou estrélanse unhas coas outras, así tamén todos os astros teñen un ciclo de vida: nacen e morren coma nos.

Soubemos que ao longo da historia houbo moitas persoas chamadas logo CIENTIFIC@S, que se facían moitas preguntas e non paraban de investigas ata obter respostas serias. Algunhas desas preguntas eran:
- De que material esta feito o universo?
- Ata onde chega o universo?
- Solo hai vida na Terra?

Pero grazas as preguntas e as respostas sobre o universo e os fenómenos que nel ocorren naceron as CIENCIAS DA NATUREZA.

A mestra díxonos que un cientific@ debe ter certas calidades como:
- Respeto pola natureza.
- Capacidade de estudo.
- Traballar de xeito metódico e ordenado.
- Ser constante no traballo.

E que os cientific@s para poder investigar de xeito serio, elaboran un sistema de traballo chamado MÉTODO CIENTÍFICO, que consta das seguintes partes:

- OBSERVACIÓN: Ser un bo observador para examinar atentamente un feito ou obxecto determinado.
- FORMULACIÓN DE HIPÓTESES: Logo da observación debe dar unha explicación provisional dos feitos observados e as súas posibles causas.
-EXPERIMENTACIÓN: Tamén debe facer moitas veces o mesmo experimento ata comprobar que da sempre o mesmo resultado.
- CONCLUSIÓN: E despois de todo isto, analiza os resultados obtidos elabóranse Leis e Teorías.

Tamara e Jennifer

12 nov 2009

ACTIVIDADE FÍSICA NA FIN DE SEMANA


Estámonos iniciando no uso do correo electrónico, cada membro do proxecto profes e alumnos creamos unha conta, e para empezar a practicar, todas as fins de semana, como traballo de E.F. enviamos un correo contando a actividade física que fixemos...

O sábado só xoguei ao baloncesto.
O domingo pola mañá xoguei ao baloncesto. Pola tarde andei coa bici, ás 3 marchei a xogar un partido de fútbol a Lugo coas rapazas do meu equipo, perdemos, eu tiven que xogar de lateral dereita e case sempre xogo de dianteira.

Despois de cear fun pasear ao meu can que se chama Tobi, andariamos 1 quilómetro.

E non fixen nada máis na fin de semana.


Marta

11 nov 2009

DÁMONOS A COÑECER

O primeiro que debe facerse sempre ao iniciar unha relación é darse a coñecer. Pero, descoida, non é este o lugar para presentar a cada membro do grupo de 1º da ESO, nin tampouco aos profesores implicados neste traballo, senón para presentar o noso proxecto:
o Proxecto interdisciplinar.
Xa existe unha entrada dentro deste mesmo blogue que explica os obxectivos do proxecto, pero nós queriamos achegarlle esta información aos nosos familiares e por iso decidimos escribirlles unha carta e, aproveitando a ocasión, solicirtarlles a súa colaboración.
Todo o alumnado redactou a súa carta e enviámola aos domicilios correspondentes. E agardamos a ver que pasaba...

Aquí tedes unha mostra das cartas:

10 nov 2009

EU SEI...... GUSTARÍAME SABER......


8 de Outubro. Nesta clase pensamos en todas as cousas que sabemos sobre os ríos, que non son poucas, e clasificámolas por materias. Algunhas están relacionadas con sociais, outras con naturais, outras con galego. Tamén vemos que algunhas poden estudarse en diferentes materias.
Despois de escribir nun post-it estas ideas, pensamos en todo aquilo que nos gustaría saber sobre os ríos. Con estas cousas que queremos descubrir elaboraremos máis adiante un guión da investigación que faremos sobre os ríos ao longo do curso. Finalmente, pegamos os post-it nun póster e Ismael decorouno.

O PRI? QUE É O PRI?


Primeiro día de clase. A nova materia chámase Proxecto Interdisciplinar. Entre tod@s falamos das 2 palabras e descubrimos o que significan. Ao longo do curso, investigaremos sobre un tema en distintas materias: en sociais, en naturais, en galego, en castelán… A boa noticia é que ¡non temos libro! Sei que non teremos que estudar.

Agora só queda saber sobre que investigaremos, porque non está decidido. Os mestres queren saber que temas nos interesan e fan unha consulta. Cada un@ de nós, escribimos os nosos temas favoritos e despois, poñémolos en común no encerado. Case todo o mundo está interesado na natureza, así que escollemos o tema dos ríos do concello. Comezamos o noso camino.

8 nov 2009

A BIBLIOTECA



O día 1 de outubro, na hora de pri visitamos a biblioteca do edificio de secundaria que nos ainda estamos estreando. Ánxeles González é a responsable do seu funcionamento, e nos explicou , por exemplo, o que se pode facer na biblioteca, como están clasificados os libros, revistas, coleccións en diferentes seccións por materias, o sistema de catalogación, como facer buscas no catálogo informatizado e como localizar os títulos nos andeis. Tamén aprendimos como funciona o sistema de préstamos e moitas outras cousas que nos axudaran agora que entramos na ESO.
Pinchando aquí, podese consultar un documento en google docs que é un pequeno guión da actividade e nos pode servir para lembrar o mais importante. Lembrade que toda a actividade que desenvolve a biblioteca resúmese no seu blogue: http://bibliotrazo.blogspot.com.

3 nov 2009

BENVID@S



Benvid@s ao curso 2009-2010 e a este blogue co que creamos un espazo no que compartir, durante este curso, todas as actividades, reflexións, imaxes e traballos de investigación que realicemos sobre os ríos do concello. Agardamos as vosas achegas e comentarios.