19 nov 2009

SENDEIRISMO 1


Día 29 de Outubro. Sentámonos en grupos e os mestres repartiron información sobre o sendeirismo. Os textos son diferentes para cada grupo. Un grupo leu “que é o sendeirismo”. Outro “o material que hai que levar”, o grupo 3 “ cómo ser unh@ bo@ naturalista e os grupos 4 e 5 leron “a marcha e algúns consellos prácticos”, como ir polo camiño.

Cada grupo tivo que ler e suliñar cun rotulador fosforescente o que lle pareceu máis importante. Había cousas moi interesantes, cousas nas que non nos pararamos a pensar antes. Gustoume moito descubrir cousas novas para ser unh@ boa sendeirista.
Logo, repasamos no grupo o que marcamos e fomos tachando o que non era tan importante. Despois, repartimos anacos da información a cada membr@ do grupo e limos, cada un@ a súa parte, explicándoo coas nosas palabras.

Cando rematou a clase, levamos os textos para casa, para ensaiar e practicar a lectura, pois na seguinte clase o imos expor diante de toda a clase. Tod@s colaboramos moi ben, traballamos baixiño e moi entusiasmad@s.

Alba, Tamara e Marta

1 comentario:

  1. alba 1º8/4/10

    Buenooooo eso de moi baixiño pa ser 22 na clase si pero tamos que admitilo temos demasiada lengua e en 2º cando nos separen que oxala que non pero siespero que non poñan os mais faladores xuntos senon imos por moi mal camiño

    ResponderEliminar