13 nov 2009

O MÉTODO CIENTÍFICO



Dias atrás a mestra de naturais mandounos traer pompeiros a tod@s os que quixeramos. Cando xa tiñamos bastantes pompeiros levounos ao laboratorio e, a conta de tres, comezamos a facer pompas tod@s a vez. Encheuse o laboratorio de pompiñas e a nos dábanos moita risa. A mestra aproveitou para explicar que a materia primeira estaba toda contida nunha inmensa bola (o pompeiro) e que chegou un momento que estaba moi quente e moi presionada entón explotou, e despois da Grande Explosión, formáronse nubes de gas que xiraban sobre si mesmas e que se expandían moi rápido, ata que chegou un momento que se condensaron e formaron millóns de estrelas, entre elas o Sistema Solar do que forma parte a Terra.Entón nos tiñamos que centrar a vista nunha pequena pompiña que representaba a Terra. As demais eran os distintos astros do sistema Solar, pero por desgracia...a pompiña Terra bateu no nariz de Martín (mais risas), e tivemos que escoller outra Terra.

Con isto aprendiamos que igual que as pompas teñen un fin porque explotan ou estrélanse unhas coas outras, así tamén todos os astros teñen un ciclo de vida: nacen e morren coma nos.

Soubemos que ao longo da historia houbo moitas persoas chamadas logo CIENTIFIC@S, que se facían moitas preguntas e non paraban de investigas ata obter respostas serias. Algunhas desas preguntas eran:
- De que material esta feito o universo?
- Ata onde chega o universo?
- Solo hai vida na Terra?

Pero grazas as preguntas e as respostas sobre o universo e os fenómenos que nel ocorren naceron as CIENCIAS DA NATUREZA.

A mestra díxonos que un cientific@ debe ter certas calidades como:
- Respeto pola natureza.
- Capacidade de estudo.
- Traballar de xeito metódico e ordenado.
- Ser constante no traballo.

E que os cientific@s para poder investigar de xeito serio, elaboran un sistema de traballo chamado MÉTODO CIENTÍFICO, que consta das seguintes partes:

- OBSERVACIÓN: Ser un bo observador para examinar atentamente un feito ou obxecto determinado.
- FORMULACIÓN DE HIPÓTESES: Logo da observación debe dar unha explicación provisional dos feitos observados e as súas posibles causas.
-EXPERIMENTACIÓN: Tamén debe facer moitas veces o mesmo experimento ata comprobar que da sempre o mesmo resultado.
- CONCLUSIÓN: E despois de todo isto, analiza os resultados obtidos elabóranse Leis e Teorías.

Tamara e Jennifer

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Encantoume a historia dos pompeiros.Que interesante esa clase! E a historia de Martín moi divertida. As veces danme ganas de ir as vosas clases de naturais, porque vese que o pasades ben e que aprendedes moito.
    Confirmeino cando saímos ao regato e cando fomos a Chelo.
    Seguide así, con tanta curiosidade por descobrir cousas novas e tanto interese polo mundo e pola natureza.
    XXX
    Myriam

    ResponderEliminar
  3. marta e lucia10/12/09

    nos as duas temos moitas ganas de facer outra saída para explorar

    ResponderEliminar