23 nov 2009

EXCURSIÓN A CHELO

O 12 de Novembro saímos do colexio á area recreativa de Chelo a facer sendeirismo. Saímos ás 10:40 e chegamos a Betanzos ás 11:20. Deixamos o autobús e comezamos o noso percorrido pola estrada. Era 1 km e medio ata a aula de natureza. Cando chegamos alá, Fran, o monitor recibíunos e explicounos todo o relacionado co río, e o contorno: o uso que facemos da auga, o funcionamento dunha depuradora, o ciclo da auga e os animais e plantas que podiamos atopar.

Cando saímos, deunos unhas tarxetas con fotos de árbores e tiñamos que atopalas polo camiño en parellas. Despois atopamos uns zapateiros e collemos un nun bote. Cando o vimos, soltámolo na auga outra vez. Polo camiño había moita lama e o río levaba moita auga. Chamoume moito a atención ver cruzar o río a un corzo, que era unha cría. Logo saíu da auga e escapou correndo. Tamén fora a primeira vez que vin unha “man de morto” (é un tipo de cogomelo).

Seguimos o noso percorrido. Iamos case sempre á beira do río, parabamos algunha vez para que Fran nos explicara algo. Máis adiante vimos un penedo grande no medio do río e logo o camiño foise facendo máis estreito. Seguimos co percorrido, cruzamos unha ponte e chegamos á central hidroeléctrica. Alí comemos. Cando nos puxemos a comer, estabamos tod@s fament@s. Ese era o mellor sitio para descansar.

No camiño de volta tivemos que ir bastante depresa. Houbo un anaco que non puidemos pasar, porque o río estaba desbordado e tivemos que dar a volta e subir por un carreiro no que había unha costa. Eu chameille “a costa da morte”, porque era matadora, era moi empinada. Logo baixamos, cruzamos o río outra vez e chegamos á aula de natureza. Cando chegamos ao autobús, non podiamos máis.

Cando iamos no autobús, vimos un camión queimándose. Ao chegar ao colexio, os autobuses estaban esperando por nós. Tod@s chegamos moi cans@s, pero pagou a pena porque o pasamos moi ben.

Este vídeo e un resumo da xornada:





Anxo, Margarita, Alex e Iria

No hay comentarios:

Publicar un comentario