10 nov 2009

O PRI? QUE É O PRI?


Primeiro día de clase. A nova materia chámase Proxecto Interdisciplinar. Entre tod@s falamos das 2 palabras e descubrimos o que significan. Ao longo do curso, investigaremos sobre un tema en distintas materias: en sociais, en naturais, en galego, en castelán… A boa noticia é que ¡non temos libro! Sei que non teremos que estudar.

Agora só queda saber sobre que investigaremos, porque non está decidido. Os mestres queren saber que temas nos interesan e fan unha consulta. Cada un@ de nós, escribimos os nosos temas favoritos e despois, poñémolos en común no encerado. Case todo o mundo está interesado na natureza, así que escollemos o tema dos ríos do concello. Comezamos o noso camino.

1 comentario:

  1. alba docampo 1º8/4/10

    Esta asignatura encantame porque o mesmo tempo que traballamos en grupo poñemonos un pouco mal dos nervios a ser moitos pero vale a pena porque acabamos tendo uns estraordinarios resultados non cando oimos a palabra proxecto interdisciplinar pensamos que era un proxecto de interdisciplina pero de eso a que ten que ver cos rios pufff pero solo a hai en 1º eu recomendoa en todos os cursos porque axudache a cada vez mais ter coidado ca natureza

    ResponderEliminar