
Estámonos iniciando no uso do correo electrónico, cada membro do proxecto profes e alumnos creamos unha conta, e para empezar a practicar, todas as fins de semana, como traballo de E.F. enviamos un correo contando a actividade física que fixemos...
O sábado só xoguei ao baloncesto.
O domingo pola mañá xoguei ao baloncesto. Pola tarde andei coa bici, ás 3 marchei a xogar un partido de fútbol a Lugo coas rapazas do meu equipo, perdemos, eu tiven que xogar de lateral dereita e case sempre xogo de dianteira.
Despois de cear fun pasear ao meu can que se chama Tobi, andariamos 1 quilómetro.
E non fixen nada máis na fin de semana.
Marta
asi que tiveches un fin de semana movidiño, non? bueno o que conta e que o pasaches ben.
ResponderEliminarmoiben marta asi me gusta que practiques deporte moi ben e que pases un bo nadal
ResponderEliminar