11 nov 2009

DÁMONOS A COÑECER

O primeiro que debe facerse sempre ao iniciar unha relación é darse a coñecer. Pero, descoida, non é este o lugar para presentar a cada membro do grupo de 1º da ESO, nin tampouco aos profesores implicados neste traballo, senón para presentar o noso proxecto:
o Proxecto interdisciplinar.
Xa existe unha entrada dentro deste mesmo blogue que explica os obxectivos do proxecto, pero nós queriamos achegarlle esta información aos nosos familiares e por iso decidimos escribirlles unha carta e, aproveitando a ocasión, solicirtarlles a súa colaboración.
Todo o alumnado redactou a súa carta e enviámola aos domicilios correspondentes. E agardamos a ver que pasaba...

Aquí tedes unha mostra das cartas:

1 comentario:

  1. Ola, rapazas e rapaces: Supoño que as vosas familias levaron unha sorpresa cando recibiron as vosas cartas. Estivo moi ben. Espero que lles insistades en que vos conten historias que saiban sobre os ríos e regatos do concello. Seguro que sabes tantos contos! Tomade nota do que vos conten ou grabádelos para despois publicalo no blogue.
    XXX
    Myriam

    ResponderEliminar