- Percibir a través dos sentidos, en particular do oído.
- Percibir ou experimentar certas sensacións.
- Experimentar un sentimento.
A todas elas faremos referencia nesta ocasión.
A experiencia consistiu en propoñerlles aos alumnos que escribisen o que percibían e o que sentían ao escoitar un son. Os sons que reproducimos pertencían ao cd Sons da terra, do Arquivo Sonoro de Galicia, editado polo Consello da Cultura Galega. Eliximos os cortes 5 e 6 que se corresponden cun regato pequeno en San Simón (O Corgo, Lugo) e un río en tramo medio en Samarugo (Vilalba, Lugo).
Partindo desas audicións obtivemos a seguinte información:1. Que pensaban que estaban escoitando?
A opción máis votada foi a chuvia (13 votos). A seguir figuran a fervenza (10), unha televisión mal sintonizada (8), un río (só 7 de 22 alumnos recoñeceron o son), unha billa aberta (6), a radio con interferencias (4), unha treboada (3) e as ondas na praia (3). Outras alternativas máis orixinais e con menor votación (só 1 voto): unha persoa lavando, as obras na rúa, navegar nun barco, un tren, unha dor de oídos, o corazón partido e un home mexando.