
Esta actividade realizámola na clase de Sociais en grupos de 4.
A mestra deunos un mapa mudo no que tiñamos que situar os ríos máis importantes, entre 5 e 10 ríos. Cada equipo tiña asignado un continente: África, Europa, Asia, América e o último grupo traballará sobre España. A continuación, marcamos no mapa os ríos e coloreámolo. Por último, elaboramos un estudo sobre un río importante do continente que nos tocou a cada equipo.
Traballamos na biblioteca e buscamos a información en atlas e enciclopedias. No mapa grande anotamos a bibliografía, os compoñentes do grupo e os ríos que buscamos. @ voceir@ fai o resumo do traballo realizado na hora de clase e explica á clase onde atoparon a información e como fixeron a actividade.
Gustounos moito esta experiencia de traballar c@s compañeir@s e intercambiar información coa clase. Aprendemos moitas cousas sobre ríos do mundo e de xeito moi entretido.
Iremos publicando as entradas con pequenos monográficos dun río de cada continente, ilustrados con algúns dos mapas que elaboramos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario