25 mar 2010

IMPORTACIA DA AUGA




Na clase de naturais estivemos varias sesións aprendendo cousas sobre a auga. Logo fixemos un pequeno resume con todo o que aprendimos que é o que aparece a continuación:

A AUGA

A auga é o elemento máis abundante da superficie terrestre e representa un dos compoñentes básicos na aparición e mantemento das formas de vida. Aínda que existen importantes cantidades deste líquido baixo o subsolo, outra parte atópase en forma de vapor disolto na atmosfera. A maior parte da auga é superficial e cobre aproximadamente o tres cuartas partes do planeta en forma de océanos, mares, lagos e cursos fluviais.

O CICLO DA AUGA

A auga non é un elemento estático, senón que se comporta dun modo dinámico, cambiando constantemente de lugar e de estado físico (sólido, líquido ou gaseoso). Este dinamismo é coñecido como ciclo da auga. Componse, a grandes liñas, das seguintes etapas:
Augas superficiais: océanos, mares, lagos, ríos e extensións xeadas. (Constitúen a base inicial do ciclo).

Evaporación: baixo o efecto da calor solar, a auga e, eventualmente, os xeos, evapóranse e disólvense na atmosfera. Cada ano evapóranse uns cincocentos mil km3 de augas mariñas.
Condensación: as minúsculas pingas de vapor de auga tenden a agruparse e a formar nubes.
Precipitación: o vapor condénsase aínda máis e forma pingas líquidas ou mesmo cristais xeados. A auga cae á superficie e adopta diversas formas, como choiva, neve ou saraiba. Do total de auga mariña evaporada nun ano, a cuarta parte, uns cen mil km3, cae sobre os continentes; o resto volve ao océano.

UTILIDADES DA UGA
(son múltiples e todas elas vitais))

USOS HUMANOS:

- Consumo doméstico: beber, cociñar, hixiene, etc. Supón un 10% do gasto de auga.
- Agricultura: regadío das terras cultivadas, manutención do gando. Representa aproximadamente o 75% do gasto humano de auga.

- Industria: aplicación en diversos campos da industria, como lavado de minerais, arrefriado de maquinaria, produción de enerxía, etc. Supón un 15% do consumo de auga.

- Transporte: mares e vías fluviais, canles, etcétera.

USOS NATURAIS:

- Mantemento das especies vexetais, principalmente dos grandes bosques.

- Mantemento das especies faunísticas.

- Modelación do relevo, participación nos aspectos dinámicos da superficie planetaria.


CALQUERA ALTERACION NO CICLO DA AUCA, pode ter consecuencias graves, tanto para o medio ambiente como para a actividade humana.

PROBLEMAS:

Os principais son:

Escaseza: a auga pode escasear en determinadas zonas como resultado de condicións climáticas naturais.

É posible que a falta de auga apareza ocasionalmente en rexións chuviosas. Fálase entón de seca, que en caso de prolongarse pode ter consecuencias desastrosas. As secas están producidas por numerosas causas, fálase que o cambio debido á contaminación atmosférica está a dar lugar a unha diminución acusada das precipitacións en numerosas zonas do mundo.

Superabundancia: é o fenómeno contrario á seca. Un exceso inesperado de precipitacións pode ser mesmo máis daniño, ao producir inundacións que destrúen pobos e cidades e arrasan os campos de cultivo.

Contaminación: a actividade humana, en especial a industria, deu lugar a unha diminución constante da calidade das augas nas rexións habitadas. Este feito ten especial importancia no que se refire ao abastecemento de auga para beber.

Malgasto: a sociedade industrial consome inxentes cantidades de auga, a miúdo de forma inconsciente, mentres que no terceiro mundo o prezado líquido escasea.

O 97’2% da superficie terrestre está cuberta polos océanos, un 2’8% da auga do planeta é doce e desta o 77% está xeada, o 22% desta auga doce atópase debaixo da terra, por tan só un 1% da total da auga doce do planeta, formada polos ríos, lagos, mares interiores e humidade do chan, está dispoñible facilmente para a vida terrestre, incluído o home. POLO TANTO A AUGA DOCE supón unha porcentaxe mínima do total deste líquido.

NON DEIXEMOS QUE A AUGA, UN ELEMENTO VITAL ESTE CONDENADA A MORTE

No hay comentarios:

Publicar un comentario