2 mar 2010

¿POR QUE OS EUCALIPTOS SON MALOS PARA OS RÍOS?


SABÍAS QUE…

Os eucaliptos prexudican moito o chan e secan a terra.
Un grupo de investigadores da USC empezou hai doce anos a analizar os efectos dun eucaliptal nunha conca próxima a Mesón do Vento. O eucalipto afecta notablemente aos recursos hídricos. Máis dun ano chegou a secar o río. Ademais, os eucaliptos teñen as raíces máis longas que outras árbores e poden dificultar o crecemento destas, xa que ó ter raíces máis curtas non son capaces de chegar á auga.
Pero non todo son cousas negativas. Os eucaliptos son capaces de absorber moito dióxido de carbono, o principal gas responsable do cambio climático e son bos produtores de madeira.

A conclusión do estudo será cando estas árbores de Mesón do Vento teñan 15 anos. O que si queda claro é que para plantar eucaliptos hai que ter en conta os recursos hídricos(a cantidade de auga) da zona pois podemos chegar a secar os ríos.


Resumo dunha noticia publicada no mes de Novembro na Voz de Galicia

Martín Mesías Remuiñán

No hay comentarios:

Publicar un comentario