28 mar 2010

Sabes para que utilizaban a auga antigamente?



Antiguamente a auga non se desperdiciaba coma hoxe en día. Antigamente tiñan unha forma curiosa para que lle chegase a auga para todo. Para ir por auga, as mulleres levaban unha sella de pau na cabeza e por debaixo poñíanlle un molido que era para que non lle magoase na cabeza. Ían ao pozo, tiraban pola roldana e sacaban o caldeiro e botaban a auga. Logo poñíano na cabeza e voltaban para a casa e se lle facía falta máis, podían volver pero como había moito camiño ían as mulleres todas da casa, así podían traer máis auga. Esa auga tiña que chegarlle para cociñar e para o aseo diario.

Alba Docampo Noya

No hay comentarios:

Publicar un comentario