14 abr 2010

EXPLICAMOS A: CRISTALIZACIÓN E A CAPILARIDADE.


MATERIAL:
-Sal fino.
-Dous vasos.
-Un fío de algodón.
-Un pratiño.
-Culleriña.
-Auga.


PROCEDEMENTO:
Facemos a montaxe tal como se ve na foto
EXPLICACIÓN:
1. A solución da auga salgada sobe ao longo do fío por capilaridade (absorción);
2. A auga do fío vai evaporándose, e nel van quedando pendurados os cristais de sal. Algúns cristais co peso caen no cristalizador.
3. Vemos que as moléculas dos cristais estrutúranse nunha organización xeométrica particular, formando cubos (Vense moi ben coa lupa)
4.Aprendemos entón que da mestura homoxénea da auga salgada, o sal recupérase por evaporación da auga.Este método chámase CRISTALIZACIÓN

É interesante, verdade?
APLICACIÓN:
As salinas:
O sal que usamos na cociña é en gran parte extraída do mar.
Nuns grandes depósitos pouco profundos chamados salinas, recóllese a auga do mar, e logo a calor do sol, vai evaporarando a auga, e o sal vai quedando cristalizada no fondo dos depósitos.
CAPILARIDADE:
Material:
-Un talo de apio coas suas follas de uns 20 cm de lonxitude ou un ca
ravel branco.
-Un vaso de precipitados
-Auga.
-Colorante alimentario
Explicación:
Ao cortar o talo de apio podemos observar que os nervios son pequenos tubos a través dos cales sobe ata as follas a auga tinguida.
A auga sobe polos tubos do vexetal como se fora absorbida cara a arriba: é o fenómeno da capilaridade, que permite entre outras cousas, que as plantas absorban polas raíces a auga e os sales minerais da terra e facela chegar ata as follas nun proceso chamado fotosíntese.Grazas á fotosíntese as plantas conseguen o seu alimento.


A continuación a nosa presentación:




3 comentarios:

  1. Anónimo14/4/10

    Si que é interesante.E cando se ven os cristais pegados no fío de algodón parece incrible.E xenial facer prácticas no laboratorio!!!!

    ResponderEliminar
  2. O voso experimento encántame. A sal queda preciosa no fío. E vos, facédelo xenial . Rouco parece que pasou a vida nos escenarios, ten moita soltura. E Tamara e Iria, espupendamente, tamén.
    Myriam

    ResponderEliminar