5 abr 2010

AS NOSAS CRÓNICAS



Na materia de naturais estivemos traballando sobre a auga. Aprendemos moitas cousas sobre a mesma, pois é unha substancia vital para o noso planeta e para nós mesmos. Nin máis nin menos que sen auga non existiríamos. En Galicia temos tanta!, que non lle damos a importancia que ten.
Tamén dedicamos dúas sesións a escoller por equipos prácticas para facer coa auga, e comprobar algunhas das súas propiedades (buscámolas en distintos libros que había na biblioteca e no laboratorio). Esta parte é sempre moi divertida, pásamolo moi ben no laboratorio, o tempo corre máis que na clase, aínda que a mestra di que falamos moito e ás veces enfádase.

Estas son as nosas crónicas.

Crónica nº 1:
O noso grupo está formado por Iria Fajín, Martín Rouco e Tamara Muíño, estamos facendo dous experimentos: un está relacionado coa capilaridade e outro coa cristalización. O da capilaridade elixímolo porque nos parecía incrible como un apio se podía volver de cor vermella, e o da cristalización porque o sal queda como purpurina pegada a un fío de algodón e fai un efecto moi bonito.
A mestra insistiu en que repartirámolo traballo entre nós. Un traía o material, outro subía ao bloggue a ficha de experimento, outro facia a crónica, etc...Agora témolo que preparar e explicar, porque nos dixo que nos ían a grabar e subir ese vídeo ao bloggue.



Crónica nº 2.
O noso equipo está formado por: Alicia, Margarita e Natalia.Escollemos o seguinte experimento: " Por que se disolven certas substancias na auga e outras non"?.
Repartimos o material que tiñamos que traer e fixemos unha ficha explicativa que aparece co experimento.
*Natalia troixo: café moido e mel.
*Alicia troixo: café soluble e arroz.
*Margarita troixo: unha culleriña e azúcre.
Ímola facer entre as tres porque a mestra de naturais vainos grabar para subir o bloggue do Proxecto Interdiciplinar.

Crónica nº 3.
Compoñentes do equipo:
Anxo Manuel Mesías Remuiñán
Leandro Fernández Döpper
Diego González Viqueira
Escollemos dúas prácticas do ciclo da auga.
Unha delas consiste en tapar a boca dun matraz con un globo e despois metelo nun vaso de precipitados que contén auga e prenderlle lume ata que ferva a auga e ver que sucede.
E na outra hai que montar a máquina de destilación pero en vez de destilar o viño para que saíra caña como fixemos noutra práctica, imos destilar a auga para observar o ciclo da auga.




Crónica 4.
O noso equipo esta formado por:
Martin Calviño Vicente
Alex Bello Andreo
Brais Rei CalviñMartin
Mesias Remuñan

A práctica que escollemos son os sistemas hidraúlicos. Fixemos unha ficha que subimos ao bloggue. Nela explicamos xa a práctica.
Entre todos os membros do grupo repartimos o traballo e trouxemos o material.
Imos montar a práctica, unha vez montada vannos grabar para subila ao bloggue.

Crónica nº 5.
O noso equipo está composto por Verónica, Bertín e Ismael.
Escollemos unha práctica que se chama “A presión da auga”.
O segundo día xa fixemos as fichas e repartimos o traballo; Ismael traía o material, Verónica pasaba o experimento ao ordenador, e Bertín escribía o experimento a man antes de darllo a Verónica.
Logo ímolo explicar entre tódolos membros do grupo, e a mestra vainos grabar para logo subilo ao bloggue.

Crónica no 6:
O noso equipo está formado por:
Rocío Villasenín Bello
Lucía Andrade Castro.
Alba Docampo Noya.
E imos facer unha práctica para comprobar que todas as substancias de menor densidade* que a auga, flotan Nela.
*(densidade é a relación entre a masa e o volume dun corpo, debido a posición das súas partículas)



QUE ILUSIÓN!, ESTAMOS DESEXANDO VERNOS NO VIDEO.

1 comentario:

  1. Anónimo17/4/10

    a cronica 4 esta moi ben animo rapaces a ver se o conseguides

    ResponderEliminar