22 abr 2010

O DÍA DA TERRA



Hoxe, 22 de abril, celebrouse o día "da Terra". En naturais a mestra falounos da biodiversidade, (todos os seres vivos que habitan a terra), e díxonos o seguinte:

"Imaxínadevos unha casa co seu tellado, se quitamos unha ou dúas tellas pode ser que non pase nada, ou poida que xa entre unha goteira, pero si se seguen quitando tellas esa casa destrúese e non vale para nada" .

Quixo dicir que todos os seres vivos son necesarios para a vida no noso planeta, e que non debemos destruír ningunha especie así porque si, todas son importantes para o mantemento do equilibrio na terra, e que nós debíamos empezar a respectar o que está máis cerca de nós: o paxariño que canta pola mañá cando nos levantamos, os animais e plantas que nos rodean, as persoas coas que vivimos etc, e que se todas as persoas fixeramos así á terra iríalle moito mellor.

Logo tamén fixemos un esquema da clasificación dos seres vivos. Aproveitamos o que fixeran os nosos compañeiros/as na materia do "Pri" do curso pasado, que por certo está moi ben, debeulle dar moito traballo.

Así que xa sabedes, non é cousa de un, nin de dous, nin soamente dos gobernos é cousa de todos e todas, a terra é a casa onde vivimos e nós coma habitantes dela, debemos coidala.

Diego González Viqueira.
Alba Docampo
Verónica Barreiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario