9 abr 2010

A FLOTACIÓN DEPENDE DAS DENSIDADES DAS SUBSTANCIAS





Sabedes que todas as substancias que teñen unha menor densidade que a auga flotan nela?. Ímolo comprobar.

Material:
  • Sal fino
  • Tres vasos
  • Tres ovos crus
  • Culleriña
PROCEDEMENTO:

1º vaso, auga da billa e un ovo cru.
2º vaso, auga con dúas culleriñas de sal fino e un ovo crú.
3º vaso, auga con dúas culleriñas de sal fino e un ovo crú como no anterior, pero aquí váiselle engadindo pouco a pouco máis auga.

OBSERVACIÓN:

No 1º vaso:
o ovo é máis denso cá auga por iso afunde completamente.
No 2º vaso:
A auga salgada é bastante máis densa có ovo cru por iso o ovo flota na superficie da auga.
No 3º vaso:
Á auga salgada rebaixámoslle a cantidade de sal con máis auga da billa, pero ainda así, segue sendo máis densa que o ovo, por iso o ovo segue flotando pero non sobe tanto a superficie coma no primeiro vaso, queda máis ou menos no medio.

APRENDEMOS QUE O VARIAR A DENSIDADE DA AUGA, VARIA TAMÉN O NIVEL DE FLOTACIÓN.

APLICACIÓN:
Na auga do mar flota por exemplo o petróleo.
Se cae petróleo ao mar, como é menos denso cá auga do mar flota sobre ela, e cando chega ás costas contamina ás praias e os acantilados, é moi difícil de limpar.

Se o saberemos nós!, recordades o gran desartre do "Prestige"?.

O "Prestige" foi un petroleiro cargado con 77.000 toneladas de fuel, que afundiu en Galicia no ano 2002 a uns 250 Kms fronte a costa da Morte. A marea negra provocada polo verquido resultante causou unha das catástrofes medioambientais máis grandes da historia da navegación, ademais de que estes derrames afectaron de xeito alarmante á fauna e á pesca da zona, morreron cantidade de especies.
O derrame de petróleo do Prestige foi o terceiro accidente máis caro da humanidade, disque o dobre que a explosión do Challenger, e que o accidente nuclear de Chernobyl. A limpeza da costa estimouse que costou arredor de 12 mil millóns de dólares.




3 comentarios:

  1. Ánxeles di:
    ímoslle adicar esta práctica as cociñeiras de Trazo, que vos parece?

    ResponderEliminar
  2. Que ben, ter preparadas as cousas con anelación, así fai Arguiñano cando cociña. Lucía está estupenda. Alba moi ben e Rocío tamén.
    Que soltas se vos ve diante da cámara. Noraboa polo resultado!
    Myriam

    ResponderEliminar
  3. alba1º13/5/10

    jupiiiiiiiiiiiiiiiii nos intentamolo facer o mais mellor que poidemos

    ResponderEliminar