7 abr 2010

A AUGA NA ATMOSFERA



- MATERIAL:

- Soporte con pinza
- Dous globos
-Auga
-matraces
-Vasos de precipitados
-Accendedor Bunssen

PROCEDEMENTO:

Montamos a práctica tal como se ve.

EXPLICACIÓN:

Ao quentarse o aire contido na botella, o globo infla, por que?:

Porque o aire quente é menos denso que o frío, debido a que as súas partículas (moléculas) coa calor sepáranse, entón son máis lixeiras e ascenden ocupando máis espazo que as moléculas de aire frío que están moi xuntiñas, son máis densas (teñen máis masa pero ocupan menos espazo), e descenden.

Ademais entre os espazos que quedan entre as partículas penetran moléculas de auga en forma de vapor por iso dentro do globo hai aire con certas cantidades de humidade (vapor de auga).
Ao deixar de aplicar calor, observamos que o globo desinfla porque o vapor arrefría e pasa a líquido, e as gotas caen dentro do matraz.

APLICACIÓN:

O aire pode conter só unha certa cantidade de vapor de auga, e cando xa hai demasiada dise que o aire está saturado de humidade. E cando está saturado si a súa temperatura descende, o vapor de auga condénsase en pequenas gotiñas que darán lugar a néboa ou chuvia fina (órballo).

Esta é unha forma de observar o ciclo da auga:

Diego González Viqueira
Leandro Fernández Döpper
Ángel Manuel Mesías Remuiñán

No hay comentarios:

Publicar un comentario