14 abr 2010

POR QUE SE DISOLVEN CERTAS SUBSTANCIAS NA AUGA E OUTRAS NON?



O noso equipo está formado por: Alicia, Margarita e Natalia. Escollimos o seguinte experimento:

Por que se disolven certas substancias na auga e outras non?

MATERIAL:

Repartimos o material que tiñamos que traer e fixemos unha ficha explicativa que aparece co experimento.
* Natalia trouxo: café moído e mel.
* Alicia trouxo: café en sobre soluble e arroz.
* Margarita trouxo: unha culleriña e azucre.
* 6 tubos de ensaio.
* auga.
Ímola facer entre as tres porque a mestra de naturais vainos gravar para subir o bloggue do Proxecto Interdiciplinar.

PROCEDEMENTO:

Collemos aproximadamente a mesma cantidade de auga en cada un dos tubos de ensaio, e logo engadímoslle a cada un deles as substancias que trouxemos, axítamolos e:

OBSERVAMOS:

Que unhas substancias disolvíanse na auga e outras non. Disolvéronse o azucre, o café en sobre e o mel, formando mesturas homoxéneas (non se distinguen os seus compoñentes a simple vista). Pola contra o arroz, e o café moído depositáronse no fondo do tubo de ensaio, formando unha mestura heteroxénea (distínguense a simple vista os compoñentes da mestura).
Por que ocorre isto?
A explicación ben sendo que no caso do azucre e o café soluble e o mel, as moléculas da auga métense no medio das moléculas desas substancias porque esas moléculas están unidas con forzas moi débiles e sepáranse con facilidade, pero no caso do arroz e o café moído as moléculas están unidas máis fortemente e non se separan con facilidade, polo tanto non deixan meter no medio ás moléculas da auga.
Tamén temos que dicirvos que botamos demasiado café soluble no tubo de ensaio e fixemos sen querer unha DISOLUCIÓN SATURADA .


2 comentarios:

  1. E veu a señora da limpeza a petar a porta. Que oportuna!, pero vós saíchedes moi ben do apuro falando coma si nada.

    ResponderEliminar
  2. Son os imperativos do directo! Eu véxovos moi ben. AAsí me gusta, que collades práctica de falar en público e exponer temas científicos.
    Myriam

    ResponderEliminar