14 abr 2010

LÍMITE DE FLOTACIÓN

MATERIAL:

1-Plastilina
2-palangana
3-Auga

PROCEDEMENTO

Collemos dúas cantidades iguais de plastilina.Con unha construimos un barco e con outra unha bóla e metémos ámbalas dúas cousas na palangana que contén auga.

OBSERVACIÓN:

Vemos que o barquiño flota e a bóla non.
A que queredes saber por que?

Pois porque o barco ten maior superficie que a bóla en contacto coa auga. E ao meter o barco na auga, na inmersión, desaloxa unha superficie de auga maior que a bóla, e canta máis auga desaloxe maior é o empurre que experimenta cara a arriba o barco.

A bóla ocupa pouca superficie, entón desaloxa pouca cantidade de auga, e o empurre que experimenta non e suficiente para facela flotar por isto afunde.

LÍMITE DE FLOTACIÓN

Pero a flotación non só depende da forma, senón tamén da densidade.
(Adensidade é a relación entre a masa e o volume.)

Materiales:

1-Plastilina.
2-Pequenos obxetos.
3-Un recipiente.
4-Auga

Explicación:

Cando se vai enchendo o barco con pequenos obxetos, este vai aumentando de densidade
Mentres que a auga que desaloxa o barco teña máis densidade que o barco, este non se afundirá porque o empurre hidrostático logra sostelo. Pero cando a densidade do barco supere á da auga non logrará sostelo, dise que chegou ao límite de flotación, entón pode afundir.

Barcos:
Os barcos, aunque estén construídos con materiais moi densos, como ferro, non se afunde polo que acabamos de explicar.

5 comentarios:

  1. marta14/4/10

    quedou moi ven o video (o último que fixemos jeje)
    porque os dous primeiros ...en fin que quedou moi ben

    ResponderEliminar
  2. jennifer20/4/10

    sip sip jeje rimosnos un monton entre que non nos afundia o barco e entre que non nos salian as palabras.....

    ResponderEliminar
  3. En todas as pelis fan máis dunha toma, é o normal. E logo a directora elixe a mellor! A que vemos o público dende logo quedouvos fenomenal.
    Myriam

    ResponderEliminar
  4. Rocio3/6/10

    polo menos a vos seguro que vos saliu mellor ca nos en todas as tomas jejeje

    ResponderEliminar
  5. marta23/6/10

    rocio pero a vos salironvos unhas tomas falsas moi graciosas jeje

    ResponderEliminar